FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de marzo de 2009

CORISTANCO 6 - MALPICA 5

Mañá soleada, ainda que con bastante vento, para xogar ao fútbol. Na primeira mitade marcou o Coristanco no seu primeiro ataque serio por medio do seu número 21 Luciano. Empezamos a tocar ben o balón e conseguimos remontar por medio de Richard (en parede con Lancha) e Fino, que ven facendo a diagonal desde a esquerda, e Richard, que o ve, ponlla soio diante do porteiro para que a empuxe ao fondo da portería. Empatou a pouco de finalizar o primer tempo o nº 20 José Ramón, nun fora de xogo clarísimo de Luciano, que foi quen lle asistiu.


Na segunda parte viñeron a maior parte dos goles. Destacar que o goleador do Coristanco foi o nº 3, Antonio, que meteu catro goles. A verdade que hoxe non foi o día do noso porteiro Chouciño. Haiche días así. Todo o que Antonio e o Coristanco tiraron entre os tres paos neste período foron gol. Tiveron outras oportunidades mellores que os goles pero saliron fora. E nos tentamos acercarnos no marcador, e para eso marcou outro gol Richard mais outros dous Añón. A clave penso que estivo no sexto gol: Con marcador 5-4 Chouciño recibe o balón e, en lugar de facer un saque largo cara a área do Coristanco, mandao ao lateral en corto, recuperan o balón eles e meten o gol. Posteriormente marcamos nos no último suspiro pero non valeu de nada.Tampouco é normal a cantidade de goles que fallamos. Normalmente entranos unha de cada cinco ocasións claras. E iso págase.
A xogada desgraciada do encontro foi ésta. Na saida de este regate do nº 14, Jose Ramón Rodriguez, sonou como si fora un golpe cando nadie lle tocou ao xogador, estaba soio. Resultado: o calcaño desfeito. Esperemos que non sexa de gravedade e esté pronto xogando de novo. Porque ademais hai que destacar que este partido xogóuse coa máxima deportividade.

Pese a deportividade non lle podemos dar mérito a actuación do colexiado Añón. A verdade é que non se entera de nada. Os dianteiros teñen a máxima facilidad para achegarse as porterías porque él non ve foras de xogo nunca. Ten unha visión moi corta e lonxana da situación. Dámoslle un 1.

Ningún comentario:

Publicar un comentario