FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 1 de marzo de 2009

CORME 3 - MALPICA 0

Mal nos debeu sentar a cea. E moi mal nos senta xogando, claro está, o Corme. Porque ,si contra dos equipos de arriba damos o callo, nesta ocasión xogamos un dos peores partidos que se recorden. Nadie tiña forzas nin ganas de xogar. E eso contra dun equipo que, cando conta con un once completo, sin apaños, podecha armar sempre. Aparte de que se pasan todo o partido reclamando cousas ao árbitro hasta chegar a exasperación.
Na primeira mitade non houbo cousas de relevancia. Apenas un par de balóns nos que houbo mais fallo das defensas que acerto dos dianteiros.A única xogada de relevancia foi un choque de Manolito contra das vallas ao resbalar. As vallas de Ponteceso deben de estar a 2,30- 2,50 metros e ainda así douse un forte golpe que pudo derivar en fractura de unha costela.
Na segunda parte tentamos xoga-lo balón os dous equipos. A xogada decisiva produxose nunha xogada de contrataque do Corme: tres dianteiros saen en claro fora de xogo. O árbitro desde moita distancia on quixo saber nada. Ainda así, si Manolito saira rápido non chegarían a marcar, pero hoxe non foi o seu día. Angel, recién saido dunha lesión, marcou. Julio pitou nunha xogada siguiente fora de xogo, que non o era, dónde Alex encaraba soio cara a nosa portería. E voltou a faiar noutra xogada dónde regresaban de posición de fora de xogo Alex e Angel,o primeiro recolleu o balón e sobre da saida de Manolito,mansamente acaricia o balón e marca. Co noso equipo a deriva (porque en ataque perdíase en xogadas sin ningún efecto atacante) Angel tira e Manolito,redondeando unha mañá desastrosa, non consigue nin blocar nin desviar, metendoa dentro.
Julio voltou a arbitrarnos despois de Soandres e non gustou nin daquela (que gañamos) nin agora. Aparte de seguir as incidencias do xogo desde moi lonxe, hoxe incluso chegou a estorbar no centro do campo as evolucións do xogo dambos equipos. Ao estar tan lonxe, non pode ser que lle fixera caso a todo o que un équipo como o Corme lle andaba a protestar. Dámoslle como puntuación un UN.

1 comentario:

  1. O árbitro eu dáballe 5 puntos, pero de sutura. Cando, de xeito educado e correcto se lle piden explicacións polo acaba de pitar, en vez molestarse en explicar a xogada, reíase, o que non fai máis que confirmar que de arbitro, éste señorito ten o que nos, xogadores de élite. Valía a pena que puxeran un oso de peluche seguro que se equivocaba menos. A miña opción é que devolva os cartos que lle pagan como árbitro e que os use para ler o regulamento.

    ResponderEliminar