FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 15 de marzo de 2009

MALPICA 0 - SAN ROMAN 4 (XOGO DE PRIMEIRA E XOGO DE SEGUNDA)

Bueno, empezamos coa copa e perdemos claramente. Bo tempo para empezar, parece que veu o verán. Saimos coa intención de prantar cara a un dos equipos de élite e na primeira mitade tivemos algunhas ocasións claras, sobretodo unha de Richard na cual, despois de sortear a Jose Manuel Cotelo, non tivo forzas para enviar o balón ao fondo da rede. E non foi a única que tivemos. Pero eles decidiron nun tiro , sin peligro aparente, de Montero que lle da no peito a Chouciño e envenenado, supoño que polo vento en contra, marchalle por detrás cara a gol. Mazazo que poido redondear o San Román porque de seguido tivo outras duas en dónde Javier tivo duas paradas espléndidas que ben poideron merecer ser o gol que antes tiveran.

Na segunda mitade empezamos ben, pero pronto o San Román tivo as ocasións seguidas que nos desarbolaron por completo, e en tres contrataques, con 2 goles seguidos de Montero eo último de Alberto Varela, finiquitou o encontro. No primeiro deles o árbitro non concedeu unha falta clarísima ao noso favor e doulle a ventaxa a eles. Visto e non visto.
0-4. E a partir de ahí, saiu o que dín en chamar xogo de primeira e xogo de segunda: porque o seu xogador nº 5, Germán, para mais datos nacido no concello de Malpica, non se lle ocurre mais que reirse dun dos nosos decíndolle, de cara a sua galería, que "soltara a bolsa", en clara alusión a sua barriga. Gran detalle de bo xogador e mellor persoa, ao cual lle desexo fervintemente que se encontre coa orma do seu zapato (ou sexa, outro da mesma calaña) que lle dé o que se merece, ou sexa, que o retire (xa sei que baixarei aos infernos do comité por decir isto, tampouco me preocupa). E o seu entrenador, tamén grande, redondeu a cousa optando por non sustituilo, o cual dí ben da sua dimensión como persoa.Un gran duo para un gran equipo, o San Román, que conta con xente cojonuda como Luis, Montero,Sebas... e non creo que necesite de semejantes elementos.
De Gerardo, non teño tanto que decir. Trabucouse na xogada que dou lugar ao 0-2, pero tampouco é para tanto. Tamén olvidou pitar algún fora de xogo clarísimo (non o houbo en ningún dos goles), Pero non foi o protagonista. Damoslle un dous.

8 comentarios:

  1. Supoño que esa falta de respecto é totalmente denunciable e por iso che dou toda a razón.
    No que non estou de acordo é en que separes o xogador da persoa, xa que eu considero que a estes niveles no que estamos e incluso si me apuras a todos, a persoa é o máis importante e como estamos aquí catro días temos que deixar un pouso como tal, para que o día de mañán podamos ir a calquera sitio coa cabeza levantada e sentindo que somos respectados como persoa, aparte de que foramos bos xogadores ou bos médicos.
    En esta vida hai que saber como, cando e a quen se lle di calquera cousa, e ainda así ninguén esta libre de equivocarse e pode pedir perdón e rectificar.
    Saudos e enhoraboa polo blog.

    ResponderEliminar
  2. Si separo o xogador da persoa é porque, xa me ten pasado en primeira persoa e vexoo pola liga, hai boas persoas que se transforman cando empezan os partidos. A veces é por un detalle que non lles gustou (a mín pasoume unha vez co Cabana e co bó de Alexo,que me aguantou porque o entendeu,xa que o pique viña con un que estaba no banquillo e empezou a faltar gravemente ao respeto a un compañeiro meu, burlándose a pleno pulmón del), outras é que simplemente non deberían de estar xogando, como nos pasou a nós con un antiguo compañeiro,ou outro que xoga no Leiloio e que me ven agora a memoria.Pero éstos dos que falo neste partido non é transformación o que vexo, e simple e llanamente odio polos demais o que lles notas. Feitos para destruir, non para disfrutar do xogo. Mellor era que non estiveran, non creo que ninguén os botara de menos, sobretodo en esta liga de veteranos.

    ResponderEliminar
  3. Perdonade pero, con toda humildade e respeto, ides polo camiño equivocado. Non usedes os blogs para fomentar mal rollo. Tes un sentido do humor excelente e non debes ir mais aló. En cada equipo hai un ou dous, foi sempre e sera sempre asi. Pero non caben juicios publicos asi.
    Saludos

    ResponderEliminar
  4. Teño que darche a razón, e agradezco o teu tono. Supoño que tiven un mal día e non vos quero chafar a vosa pretensión de entrar aquí para pasalo ben. Por mín, asunto finiquitado. As miñas disculpas a todos os que puden ferir.

    ResponderEliminar
  5. Amigo Antón non vas mal encamiñado, pero hai que estar alí para opinar e sentilo en primeira persoa, entendo que este tipo de blogs son pa reirnos todos de todo, pero tamén entendo que non se debería usar o fútbol nin calqueira outra actividade cotián para dar renda solta a actitudes que fan dano a xente. En veteranos hai xente técnicamente boa, mala e mediocre, como tamén hai calvos, gordos, delgados, "juapos" e feos, e todos temos cabida, e actitudes coma ésta deberíanse intentar evitar; aínda que recoñezo que moitas veces xogando, facemos cousas que unha vez en frío, nos arrepentimos.
    ¡Hai que rirnos un pouco de nós mesmos, e non lle dar máis importancia da que ten!

    ResponderEliminar
  6. Todo esto resumese nunha palabara...RESPETO.
    Hai que ser mais humildes, eu tou dacordo que esto non debemos usalo para criticar pero o mesmo tempo tamén está ben denunciar feitos coma estes.

    ResponderEliminar
  7. Entrar o trapo de actitudes de certos tipos que hai na liga (1 por equipo de media e sempre os mismos) e poñerse a súa altura. No éxito que teñen estes blogs non deben ter cabida ese tipo de mamarrachadas. Nin caso e a seguir co bo humor.
    A liga está de puta madre como está, e como é futbol, e estamos na Costa, ten que haber detalles dese tipo, o que tuvo retuvo pro bo e pro malo.
    Saludos a todos

    ResponderEliminar
  8. Está moi ben creer que estes blogs son para divertirse, pero non nos enganemos tamén están para comunicarse e expresar cada un o que realmente sinte en certar circunstancias. O que a veces nos blogs aparenta un total cachondeo despois traducese no campo en actitudes totalmente antideportivas, agresivas e insulto. Xa sei que, a veces, nos transformamos no campo, pero nada xutifica actitudes coma esta, ou outras parecidas como decir que túa nai exerce a profesión mas vella do mundo, e non só unha vez senón varias, aínda que os descerebrados que escupen esa merda pola boca non saiban que ela non os pode oir porque leva 20 anos morta. Todo mundo ten neuronas pero algúns con pel de cordeiro cando saltan o campo desconectánselle e creo que e convinte recordarlle desde estos sitios que se acorden de darlle o interruptor antes de salia o campo, digo isa para que se poidan conectar as neuronas e así poidan pensar antes de largar pola boca o que non deben.

    ResponderEliminar