FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de marzo de 2009

MALPICA 2 - PORTEÑO 4

Partido xogado contra do xoven equipo de Ponte de Porto que, si se amplían o número de equipos que participan na liga, ten posibilidades de ser tamén novo equipo de primeira. Antes de empezar gardouse un minuto de silencio pola morte do pai dun dos seus xogadores.

Na primeira mitade empezaron marcando eles nunha sucesión de fallos nosos: primeiro Chouciño, o noso porteiro, saca mal e o balón chega ao xogador nº 9 "Pocho", éste adiantao algo con tan mala sorte para nós que o balón quereo despejar Chucho e dalle na espinilla a Pocho saindo rebotado cara a nosa portería. Chegando ao descanso empatamos nunha xogada brillante de Castriño que lle fae unha boa asistencia ,deixando soio, a Ramón Angel, que marca. Ainda poidemos marcar outro gol mais nunha ocasión de Fino, que o fixo todo ben, plantóuse diante da meta contraria pero tirou fora. Na segunda mitade tivo que marchar Chouciño poñéndose de porteiro o noso interior Alberto. Chegaron dous goles do Porteño en sendos fallos nosos. No primeiro habilitan ao nº 18 , Juan, que en posición correcta marca. E no siguiente mal entendemento entre Pepe mais eu para despeja-lo balón, chega a pelota a Pocho, que de tiro cruzado marca. Non nos rendimos e conseguimos reducir diferenzas nun bo centro de Lancha que cabecea Ramón Angel adiantándose ao porteiro.
E a partir de ahí buscamos o empate. Ramón Angel tivo a mellor ocasión do partido, chegou soio diante do porteiro pero quixo facerlle unha asistencia a Castriño que o acompañaba e saliulle mal o pase. Na siguiente ocasión, Ramón Angel arrancou en posición para nós legal pero o árbitro pitou fora de xogo. E nesa decisión e na que tivo pouco despois Luis cargase o partido. Porque concedelle posición legal a un ataque do Porteño, co seu xogador nº 11, Luis, en clarísimo fora de xogo (metro e pico por detrás da defensa), y éste aproveita o regalo para marcar. O MENDA NON POIDO AGUANTAR MAIS E MARCHOUSE AS DUCHAS, detalle polo que pido perdón aos meus compañeiros. Sencillamente, non quixen armar ningunha batalla. Sei do difícil de saber arbitrar e discernir ben as posicións de fora de xogo, nas que sempre nos pelexamos dialécticamente os equipos. Pero estou canso de que pelexemos como cabróns para acabar así. E rendínme.
De Luis, non vou a decir nada mais. Personalmente paréceme un fora de serie.Non teño o mais mínimo problema con él. Pero cómo árbitro ten bastantes deficiencias. Dámoslle un UN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario