FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

venres, 20 de marzo de 2009

O EQUIPO XUVENIL ACABOU POR ESTA TEMPORADA

Pinchar na foto para agrandar
Aquí tendes a foto final do equipo de xuvenís da SCD Malpica nesta temporada 2008-2009 en dónde acadaron unha meritoria cuarta plaza. Nela faltan únicamente Alberto e Anxo, non presentes o outro día. Non tiveron moita sorte para xuntar rapaces dabondo para encara-la liga ainda que os que estiveron cumpriron, incluidos os cadetes que xogaron. Felicidades ao Cabana por acadar ese título, foron os mellores.
Na copa foron eliminados polo Fisterra porque, ainda que tentaron darlle a volta ao resultado de 3-1 do partido de ida a favor deles, non poideron chegar mais que a gaña-lo partido en Malpica por 4-3. Contaron tamén coa baixa de Elías, que falta lle fai ao equipo de 2ª Rexional na tremenda loita que ten por evitar o descenso de categoría. Esperemos que, finalmente, sirva de algo ou mellor dito, sirva de moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario