FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 10 de marzo de 2009

O MELLOR TORNEO DE COPA DO MUNDO

O Malpica de veteranos, nunha xogada "lostrejo", acadou a fichaxe desexada pola afición, para conseguir dunha vez por todas a ansiada copa "Inserso´s Cup": Don Alfredo....
- ¡Polo menos agora temos alguien que entende de fútbol e que corre máis ca nos! (comentaba a micrófono pechado o presidente do club).

Por outra banda o resto dos equipos non se quedaron sen mover ficha; os contactos do Kun cos astros do futebol, Messi e Ronaldinho, pode levalos a xogar varias eliminatorias de Copa, si as súas obrigacións futbolísticas así llo permiten. As intencións do Kun son que xoguen as duas eliminatorias contra o equipo a batir, un dos grandes: O Malpica

O Malpica, intencionadamente estivo xogando a medio gas, para deixar que os equipos se confiasen, e agora chegou a hora de demostrar o invertido nas ceas e nos cocidos ¡estivemos acumulando gran cantidade graxas para ir sobrados neste torneo!