FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 29 de marzo de 2009

MALPICA 5 - PONTECESO 7

En primeiro lugar, moito gusto e moito respeto de xogar contra dos homes de Marco (ao cual quero saudar e decirlle: ¡ veña, home! non te preocupes polas críticas que lle fagan ao blog, éste é outro partido que hai que xogar e tí sabelo facer moi ben, e o que non o entenda como un entretenimento que se joda) e totalmente impresionado pola enorme calidade de xogadores como Alfonso, Pelé, Paco, Mouzo,etc...

Agora vou a dar a alineación nosa. Mais ou menos foi ésta : 74; 64-55-71-59; 71-62-65-65; 77 y 64. Para os cambios: 55 y 62. Eses son os nosos anos de nacemento, e decir, unha media de mais de 43 anos por xogador. Eso xogando contra unha media non superior a 34-35 anos da un resultado que non pode ser outro que perder por moitas gañas que poñas. Sobretodo tendo en conta que xogamos sin cambios, porque se fastidiaron Tono Alfeirán e Tino antes de chegar ao descanso. E o banquillo rival asustaba.


Na primeira mitade chegamos ao descanso con un marcador de 3-1 favorable a eles, o último dos cuales (casi que chegando ao descanso) tivo algo de polémica porque creímos que controlou un xogador o balón coa man.


Na segunda mitade houbo de todo. Ao principiar o árbitro anuloulle un gol ao Ponteceso que pareceu a todas luces legal. E a partir de ahí metemos dous goles e poido haber un terceiro que fallamos. E de poder poñernos nós por diante, volven a meter eles o 4-3 nun balón que se lle escapou entre as mans a Chouciño. E de ahí ao final ataques a destajo, con goles para todo-los gustos, algún incluso medio tonto. En definitiva, que demos bastante guerra (nun partido no que houbo intensidade pero non moitas patadas) pero sucumbimos ante un equipo moi competitivo.
En canto ao árbitro, Jorge Fernández, temos que decir que non llo puxemos nada fácil. Presumeselle honradez e traballo na seu arbitraxe, de eso non me cabe duda. Púxose moi nervioso polas protestas dos xogadores. Pitou dous penaltys, o último dos cuales a favor noso non o foi. Pero seguiu o xogo bastante de cerca. Sei que me van a dar nas orellas os de Ponteceso, porque os perxudicou nalgunha xogada puntual, pero dámoslle un dous.

2 comentarios:

  1. Grazas por todo, aqui ninguen vai dar nas orellas a ninguen, jeje.. se te fixas eu tamen fixen boa critica do colexiado. Foi un partido moi bonito e no que me alegro de volver a ver compañeiros que xa facia tempo non nos víamos.

    Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. O mesmo digo. O das orellas é simbólico pero teño que reflexar que sí houbo algunha xogada dónde o árbitro se equivocou e vos perxudicou.Tamén a min me gosta como arbitra Jorge. O que se lle paga aos colexiados non sería problema si todo-los árbitros traballaran como él. Reitero o que dixen: enhoraboa pola vosa victoria. Non teño que poñer ningún pero.

    ResponderEliminar