FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 20 de decembro de 2009

MALPICA 1 - CASTRIZ 4

Mañán fría pero soleada para recibir ao Castriz, sendo o tempo prácticamente o mesmo que tivemos cando arrancamos con esta liga no partido que xogáramos alá en Santa Comba. Para variar esta vez fomos abondos. Incorporáronse Abel, Pepe, Antonio e Carlos ao xogo despois de varias ausencias por diversos motivos.

Arrancamos moi ben o partido. De feito marcamos na primeira aproximación da primeira parte: falta sacada por Lancha desde o lateral, un dos nosos peina cara atrás e no segundo pao aparece Esmorís para cabecear a rede. E na segunda aproximación, Ramón Angel encara ao porteiro pero en lugar de tirar quíxo pasarlla a Esmoris e un defensa deles conseguiu chegar e despejouna fora. Xogábase ben neses momentos. Pero de xogar ben, eles nas suas primeiras aproximacións meteron dous goles (por medio de Carlos e Daniel) nunhas xogadas que ben se poideron evitar si andivésemos mais concentrados.
Na segunda mitade quixemos pero non poidemos. A nosa media de idade nótase bastante. E eles teñen a Carlos, de trinta e seis anos, que se move moi rápido nos contragolpes. Dous deles levounos perfectamente e batiu a Manolito. Ainda poideron marcar algún gol mais. Polo que a victoria deles foi xusta. O noso convencemento en darlle a volta aos partidos xa non é o que era.
A arbitraxe de Jose Antonio foi boa. Poido errar en algún fora de xogo. Pero pitou o que viu, cousa que é de agradecer. Dámoslle un tres.
E un dez se lle pode dar a unión de todo o equipo a hora de ir a tomar os pinchos despois do partido. Pasámolo moi ben, como si houbésemos gañado por goleada. É nesa hora cando se nota que somos un equipo de fútbol de veteranos. Tanto antes cando gañábamos como agora que perdemos, alí seguimos. E que dure o conto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario