FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 24 de xaneiro de 2010

CORME 0 - MALPICA 2

Xogamos o sábado de noite en Ponteceso contra un bo equipo como é o Corme. Parece que non se nos da mal xogar con iluminación artificial. Xa o fixemos na Estrada e tamén en Camariñas contra o Porteño, con empates en ambos casos. Non houbo tanta xente como eramos a semana pasada. Sólo tres cambios.
Na primeira parte marcamos nas primeiras duas aproximacións os dous goles do partido por medio de Ramón Angel e Guillermo. A decir verdade, o equipo rival xogou con un xogador de campo no sitio de porteiro. Pero o noso xogo era sin fisuras, en dónde todos nos sacrificamos para cortarlle os camiños aos dianteiros cormeláns, que o tentaron de toda-las formas posibles.
Na segunda mitade o Corme saiu decidido a empata-lo partido. Pero cada vez que tentaban chegar a nosa portería xurdía a perna de algún dos nosos cortando o balón. A contra poidemos incluso meter outro gol nun contrataque de Ramón Angel con pase a Esmorís que quixo facer gol de vaselina e o que estaba de porteiro atallou.
Arbitrou Luis. E ainda que non o fixo tan mal foi protestado polos xogadores do Corme. Tampouco podía facerlle caso en todo o que reclamaban. Eso sí, pudo sacar bastantes tarxetas evidentes para os dous equipos, pero non quixo seguir ese camiño. Damoslle un dous.
E despois fomos de cea coas nosas mulleres. Unha cea perfecta de cocido no Restaurante Esqueiro de Malpica. Contratamos para a ocasión ao grupo estradense cuya cabeza visible é Juan (que nos sigue asombrando, chistes incluidos). Non nos arrepentimos de ningunha das duas cousas. Fíxose moi corto o tempo da cea. E foron cinco horas as que pasamos en tan grata compañía.Con fotos de rigor e montaxe de Marajota coma sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario