FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 28 de febreiro de 2010

MALPICA 0 - AGUALADA 2

Non hai maneira. Calquer equipo que lle poña un pouco de ganas nos pasa por enrriba. E o Agualada non podía ser menos. Total, que para que gañemos outro partido vamos a ter que acuartelarnos no campo unhas horas antes e motivarnos os uns aos outros.
Mañá boa despois do temporal anunciado (e vido a menos) do sábado. Facía un pouco de frío, eso sí, pero dábanse boas condicións para xogar ao fútbol.
O partido estivo marcado polas lesións. Na primeira mitade foi Sergio que casi rompe ao resbalar no límite externo do campo. Non rompeu algo de milagro pero quedou medio mancado. O Agualada marcou nunha aproximación do seu nº 20 (José Silvarredonda), que, rompendo o fora de xogo, sacou un centro-chut e Sergio, ao querer bloca-lo balón, meteuno cara a sua propia portería.
Na segunda mitade estivemos mais metidos no seu campo. Lesionóuse Pepe nunha entrada que para nós era penalty e Martín non o quixo ver así. Pepe caiu e fastidiu a sua clavícula. Seguimos tentando marcar gol pero non hai maneira. Quén marcou gol foi o nº 7 (Jesús Reborido) que colleu o balón no mediocampo, tivo todo o tempo do mundo para situalo sin que ninguén lle fixera amago de entrarlle, e lanzou por enrriba de Sergio, que estaba adiantado. De ahí ao final, asedio noso para meternos no partido pero sin sorte.
Martín arbitróunos por segunda semana consecutiva. O que dixen a semana pasada del repitoo ésta nos mesmos términos. Dámoslle un 2.

2 comentarios:

  1. ¡Tí daslle un dous, eu dáballe unhas vareadas! Non é facil arbitrar en veteranos pero tamén é moi dificil xogar se non se imparte xustiza; pouco despois de non pitar nada na xogada de Pepe, tampouco viu nada na patada que lle deron a Esmorís na área.
    Pero, tamén si valoramos o ben que o fixemos cada un de nós, cantos pases bós, cantas anticipacións, cantos cortes de balón ...
    ¡somos unhas xoias!

    ResponderEliminar
  2. Bueno amigos pouco teño que deciros,cando as cousas non queren salir non hay nada que facer, solo vos digo que teñades pacencia esto estase acabando e tendes que prepararse para a copa . Xogando a final tedes arreglado o presuposto deste ano,e podendo ser que sea contra o Cances.
    Eu sigo insistindo poño en minusculas alataqui,alataqui,alataqui............
    saludos e animos parao que queda de liga.
    P.D. vemos na final.

    ResponderEliminar