FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 16 de marzo de 2010

FENÓMENOS PARANORMAIS: "O JACUZZI MALDITO"

Uns falan de fenómenos paranormais, a Igrexa fala de milagro divino ("miracle of wine"), de tódolos xeitos as cadenas de televisión de todo o mundo recolleron a noticia, sen ir máis lonxe o programa do pasado domingo "Cuarto Milenio" escudriñou paso a paso con Von Castroff (científico, inventor, mecánico, xogador, albanel) de Malpica, o fenónemo do Jacuzzi do vestuario do Malpica de veteranos que funciona sen electricidade e sen outra fonte de enerxía alternativa coñecida.
Xa se viron a moitos peregrinos polo lugar declarado, a expensas da comunicación oficial do Vaticano, como lugar de peregrinación...
A comunidade científica está desconcertada, ¿Cómo é posibel que saían tantas burbullas só cando se lavan nel os veteranos do Malpica, e non outras persoas?¿Serán seres divinos?¿será o resultado dunha mala dixestión das rabizas?...
- ¡É un misterio sen resolver!

1 comentario:

  1. Terá aljo que ver este caso coa desaparición de abundantes repolos no entorno da pedra queimada?..aaaa....jajajaja

    ResponderEliminar