FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de marzo de 2010

I EN ESO CHEGOU MANOLITO: MALPICA 0 - CERQUEDA 3


Como na canción ("y en eso llegó Fidel") así tal e como o conto: partido xogado con moitas ganas por parte dos dous equipos nunha mañán bastante fría pero con sol. Estreamos indumentaria nova, preciosa, donada por Autocares Pedro Pombo , aos cuales lle queremos agradecer o detalle infinitamente (polo regalo e por demostrar que son de palabra) . A partires de agora xogaremos de azul (as cores do Malpica de sempre).

Na primeira parte xogamos moi ben colocados. De porteiro tiñamos a Carlos como no partido anterior. E o pouquiño que o Cerqueda quixo facer diante da sua portería él desbaratouno. Tivemos incluso unha oportunidade con un penalty pitado a favor que eles protestaron. Tirouno Lancha e despexou Chouciño. O rebote chegaba de novo a Lancha que dubidou e dou tempo a un defensa deles a botala fora.
Na segunda mitade tocoulle xogar a eles a favor do vento. E tampouco había superioridade de ningún dos dous equipos. Pero de porteiro tiñamos a Manolito que non sei a que demos foi hoxe ao campo. Na primeira oportunidade mandaron un balón longo que o noso porteiro non chegou a despexar e cando foi rouboulle a carteira Francisco García que o levou cara a portería sin obstáculo e marcou. Na segunda oportunidade sacaron unha falta que o cancerbeiro non soubo atallar e deixoulle o rebote a Saleiro que marcou a placer. E na terceira ocasión colgan un balón desde o punto de córner e Manolito deixou que lle rebasara sin tentar atallalo para que Richard metera a cabeza para marcar. O desaguisado chegou ao punto de que, ao sacar de portería, mandou directamente o balón ao punto de córner. Francamente, nese momento, a moral de todos foise ao c...Con eso non lle quero restar mérito ao Cerqueda que fixo o partido que lle conviña e soubo sacalo adiante.
Esteban non se complicou a hora da arbitraxe. Creo que o que lle pedíamos os dous equipos era bastante esaxerado. Levou o partido sin deixarse levar por esas peticións. Dámoslle un 2.

1 comentario:

  1. Bueno como decia o SR Fraga (non teño mais que decir).
    Moitos animos do Berg. Santiago.

    ResponderEliminar