FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 7 de marzo de 2010

LEILOIO 0 - MALPICA 1

Eso sí, eles puxeron moitísimo mais espíritu e gañas no xogo, axudados por unha bancada que berrou moitísimo durante o partido.

Escribiamos isto no partido de ida. E o equipo contrario puxo o mesmo espíritu e gañas no xogo e a sua bancada sigue berrando, pero os que cambíamos hoxe fomos nós. Puxémoslle gañas, coraxe e afán de supervivencia nese campo que é unha trampa para o bo xogo. Tampouco eles quixeron cambia-lo partido para xogar no noso campo.

Na primeira parte a saida de balón facíana ben desde a sua defensa por medio de Michel. Foi cambiar ao Guaje a esa posición e surxir os problemas para eles. E foi o Guaje o que aproveitou un tiro de Tono Alfeirán que se iba cara o banderín de corner e desviouna cara a portería, sin que o porteiro accidental deles (o titular rompeuse a semana pasada) poidera facer nada. Eles antes tiveron a sua nun balón que rompía o fora de xogo pero que non souberon culminar. E nos tivemos outra por medio de Esmorís que tirou alto.

Na segunda mitade houbo bastante pelexa nas posicións no campo. Eles adiantaron a Michel e pasaban a bombear balóns, sólo que Suso e compañía despexaban todo balón que caía nas suas inmediacións. O noso porteiro accidental para a ocasión (Sergio sufriu un desplazamento de rodilla no seu golpe da semana pasada), Carlos, fixo unha boa parada. Mais pediron un penalty sobre Pol (os nosos defensas, despois do partido, dixeron que non houbo nada mais que un resbalón). Nós tamén tivemos duas xogadas claras diante do porteiro pero nelas en lugar de tirar optamos polo pase aos dianteiros e perde-lo balón. Tamén tivemos unha xogada dónde Antonio se plantaba sólo diante do porteiro e sufriu un derribo por detrás sin que o árbitro quixese pitar o penalty.

Rafa sigue sendo un árbitro moi condescendente. Pita de oído según oiga queixas dun ou doutro equipo. Non saca apenas tarxeta. Níngún dos dous equipos quedou contento coa sua actuación. Dámoslle un 1.

Ningún comentario:

Publicar un comentario