Dende ésta humilde redacción queremos darlles a noraboa os novos papás do Cabaninter, por coidar tan ben a canteira, pola contra a nós tamén se nos da ben ver como nacen os nosos netos (que llo pregunten a Chucho...).
Volvendo ao estrictamente deportivo, os medios informativos de toda a comarca destacan a pouca afluencia aos partidos de copa da pasada fin de semana, ao quedar fora, as primeiras de cambio, o cabeza de serie nº 1: O Malpica. A xente non se molesta asistir os partidos, os nenos xa non poden intercambiar os cromos dos xogadores do Malpica: ¡"unha desfeita"!
Pero non perdemos o tempo, hai uns días fixemos unha excursión o San Andrés de Teixido, non sin antes escoitar a un fulano, máis de catro horas, para vendernos menaxe de cociña, patrocinada pola empresa "Potas e Perolas (sin "i") pa Encherolas S.L."
Ningún comentario:
Publicar un comentario