FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 11 de abril de 2010

MALPICA 0 - LEILOIO 1


Boa mañá para xogar ao fútbol. Enfrentábamonos dous dos equipos máis fáciles desta Copa, polo menos, dos que encaixan maior número de goles. Moita batalla e pouca seriedade nas marcas.

Na primeira mitade eles tiveron unha ocasión clara por medio do seu nº 17, José Añón, que, incomprensiblemente, mandou fora cando tiña todo a favor. Nós tivemos a mellor das oportunidades: penalty ao noso favor que fallou Castriño. Xa empeza a ser de cachondeo a lotería dos penaltys en que convertimos a elección de quen vai a lanzalos. Tí colles o balón, tí o lanzas.
Na segunda mitade mais do mesmo. Eles tiveron unha boa oportunidade por medio do nº 7, Cañarte, que tirou ao longueiro cando se cantaba o gol. E pouco despois Pol aproveitábase do barullo na nosa área (contan que se axudou algo coa man) e fusilou desde dentro da área pequena. Tentámos empatar pero hoxe non tiñamos ningún dianteiro a quen mandarlle balóns.
Arbitróunos Francisco Caamaño que o fixo ben en líneas xerales. Non aguanta que se lle falte ao respeto, o cual tentaron en diversas ocasións. Acertou no penalty que pitou ao noso favor. E fallou nalgún que outro fora de xogo que lle pitou a eles. Pero non tivo incidencia no resultado do partido. Poñemoslle un dous.

Ningún comentario:

Publicar un comentario