FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 18 de abril de 2010

O NOSO GOZO NUN POZO : LEILOIO 3 - MALPICA 3













Non somos quen de face-las cousas como é debido. Tivemos o pase claro a siguinte ronda pero non soubemos mata-lo partido e eliminounos o rival. Sin restarlle méritos a eles creo que fomos nós mesmos quen lle demos todo na man. Tres xogadas a balón parado decidiron a eliminatoria ao seu favor.
Na primeira mitade marcaron eles nun despiste dos nosos a saida dunha falta que tiraron desde lonxe por enrriba de Sergio, que estaba un pouco adiantado. Empatamos por medio dun gran gol de Esmorís. E con ese empate chegamos ao descanso.
Na segunda mitade creímos que decidíamos a eliminatoria cando nos puxemos 1-3 grazas a que Abel recolleu un balón en medio dunha nube de xogadores e marcou. Tamén nos pitaron un penalty a favor que transformou Esmorís. Pero aos poucos minutos de este gol sacaron eles unha falta. O tiro feito con forza pasou entre unha nube de xogadores nosos e, creo que sin tocar en ninguén, entrou na portería. Xa estaban eles metidos de novo no partido. E pouco despois Michel non desaproveitou unha falta que tirou magníficamente ben para batir a Sergio. Faltaban vinte minutos pero , ainda que o tentamos, non poidemos volver a marcar.
A arbitraxe de Julio non gustou a ningún dos dous equipos. Muy condescendente na primeira mitade, pitando falta sempre que oía unha queixa do xogador. O Leioio non estivo dacordo co penalty pitado. Tampouco pitou faltas claras que houbo no transcurso do partido. Dámoslle un 1.

Ningún comentario:

Publicar un comentario