FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

mércores, 14 de xullo de 2010

EMOTIVA DESPEDIDA AO PULPO "PAUL"

Na xira mundial do pulpo "Paul", na súa escala nas oficinas dos veteranos do Malpica, nun despiste dos patrocinadores, os xogadores Guasi, Albertinni e Manolitinho, viron ao "susodito" libre de marcaxe e colocaronno nunha pota con auga quente e sal gorda, durante máis de media hora, todo elo, según os presuntos implicados para ver si era capaz de adivinar duas cousas:
1. Cantos "toros" lle tocarían a cada un.
2. Os números de "jordo" da primitiva do vindeiro domingo.
Debido a indignación do mundo do fútbol e das apostas os xogadores implicados nos designios de " Paul" manifestaron súa pena polas rúas de Malpica ante a atenta mirada dos medios de medio mundo.
- "Lástima dunha folliña de laurel"- manifestaba entre lájrimas o medio centro do Malpica Guasi.
- "Dez minutiños máis e seguro que acertaba a combinación gañadora do domingo, pero non pudo soportar a emoción"- foron as únicas palabras que articulou Albertini.

-"Mala chispa os traje, eu só fun un peón en mans deses dous larpeiros, só me tocou un toro da parte da cabeza" - decía indignado Manolitinho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario