FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

sábado, 17 de xullo de 2010

PRESENTACION DO LIBRO "SCD MALPICA - 40 ANOS DE FÚTBOL"

"Despois deste percorrido histórico, un exercicio de memoria en positivo, quixéramos transmitir ao lector a importancia de contar cunha entidade social e deportiva nunha pequena vila..."
"Nós procuramos manexar emocións e memoria dende a reflexión crítica para poñer en valor o que significa un club deportivo modesto."

Confirmado. O libro de Héctor M. Pose e Luis E. Porto e un soberano traballo cunha esmeradísima encuadernación. Despois da sua presentación onte na Casa do Pescador, feita coas exposicións dos autores mais o prólogo de Xurxo Souto procedéuse a firma dos exemplares mercados. Brilante recopilación dos feitos mais relevantes na historia da SCD Malpica nas diferentes categorías, incluida a da formación de veteranos, cunha fácil e amena lectura (impresionante o cuadro das sagas de xogadores que formaron durante a historia do equipo). E soamente por vinte euros o exemplar.