
Partido xogado o sábado as 7 da tarde, ainda que houbo que retrasar o comenzo do mesmo porque aterrou un helicóptero no campo (abaixo, no pobo, non se pode usar o porto pola cantidade de coches que veñen no verán) debido a indisposición de un dos veraneantes que pasan estas fechas en Malpica e que, finalmente, non se chegou a usar. Houbo escasez de efectivos para este partido. Eu mesmo cheguei tarde xa que primeiro dirixínme a Cabana e estiven vendo a primeira parte do partido da SCD (0-2 cando marchei). Cando cheguei a Pedra Queimada estaban xa na segunda parte e gañaba o Cerqueda por 0-2. Polo que me dixeron os compañeiros houbo erros puntuales na defensa, en balóns que claramente se podían haber xogado con comodidade e que nós mesmos complicamos para darllos ós seus dianteiros en inmellorables condicións. Tamén parece que houbo problemas no arbitraxe de Saleiro e na segunda parte arbitrou Suso. O terceiro gol foi algo do mesmo: un balón que se podía mandar afora en lugar de querer cederllo ó porteiro deixouse mansamente no pé do dianteiro que o meteu dentro. O gol da honra meteuno Añón que voltaba despois de moitos meses no dique seco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario