O pago do rescate millonario, para recuperar a un dos nosos "blogueros", supostamente secuestrado por algunha banda contratada por algún "bloguero" rival, vai a limitar a política de fichaxes do Malpica de veteranos, polo que se optou pola línea de vender (a peso) os descartes. A boa noticia é que os beneficios obtidos pola venda de xogadores míticos e que formaran parte da lenda viva do club, dan para duas fregonas e medio saco de cal para marcar o campo.
O vindeiro domingo terá lugar a retirada das súas camisetas, donde unha procesión de vehículos con xiareiros e xogadores do club tomarán rumbo cara o punto limpo de Ponteceso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario