FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de setembro de 2010

AMIGABLE : MALPICA 2 - BUÑO 1










Partido xogado esta mañán contra dos veteranos de Buño. Bastante bronco para ser un amigable. O mister non poido presentarse por segundo partido consecutivo.
Na primeira mitade fixemos un partido bastante bo con xogo enlazado e con varias ocasións que estragaron os nosos dianteiros (en especial Añón que non tivo o seu día).
Os goles non chegarían hasta a segunda parte, que foi bastante disputada. Os nosos marcounos Esmorís, ainda que tamén o Guaje desaproveitou outro par de boas ocasións. No noso banquillo (con Paco e Richard de invitados) "pediuse penalty", con recochineo, sobre de Añón porque, cando tiña todo para chegar diante do porteiro ou face-lo pase da morte, caiu sólo, desfacendo a ocasión de gol, co consiguiente cachondeo de tódo-los compañeiros (perdona, Javier).
O Buño tivo dous penaltys a favor : un que non pitou Pepe Novo por empuxón moi evidente de Luis dentro da área e outro posterior no último minuto por desplazamento de Chucho sobre do mesmo xogador do Buño que sí viu o árbitro. O posterior lanzamento despexouno maxistralmente Nacho a córner, co cual gañamos o partido.



















E para acabar xuntanza no local do clube para comer un xamón asado con chourizos que estaba boísimo. Non será a última vez que fagamos algo deste tipo porque é como mellor se pasa. Do viño encargouse Chucho (por deferencia de Alberto que hoxe non poido estar) e todo estivo inmellorable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario