Na primeira mitade empezou forte o equipo rival. Mandaban balóns en largo a espalda dos laterais contando con xente arriba que corre bastante e non da ningún balón por perdido. Pero o xogo estivo bastante controlado polas defensas. O Buño marcou en xogada de corner con balón colgado a área dónde Pablo Casal aproveitou a sua envergadura e cruzou de cabeza sin que Chouciño poidese facer nada. Nós tivemos unha nas botas de Carlos que tirou cruzado saindo lambendo o poste, cando xa cantábamos o gol.
A segunda parte deu para bastante. De entrada o Buño metéuse mais atrás e pasounos o control do balón. Cando mais entonados estábamos empezou a desfeita de Julio Pardiñas, o árbitro. Ningún dos tres penaltis que pitou na mañá (dous a eles e un a nós), o foi. No primeiro Matías bátese contra o noso porteiro estando éste de rodillas. E no siguiente o xogador oleiro tirase entre varios xogadores sin que ninguén lle dese. E ainda que éstos agasallos se fallasen, conseguiron descentrar a uns defensas (aparte da expulsión por segunda amarela de Chucho) que hasta ese momento o estaban a facer ben. Tamén e verdade que antes pudo expulsar a Suso por segunda amarela merecida e non o fixo. Tan desorientados pasaron a estar que Matías fixo unha xogada tipo "Messi" e desbordando a cantos non lle quixeron entrar chegou hasta a cociña e marcou. E de seguido, mal entendemento de Luis para despexar un balón, lanzándoo contra Alfeirán e o rebote supón o 3-0. Moito botín dos oleiros para tan poucos ataques como fixeran. O noso gol da honra marcouno Carlos na terceira das desfeitas do citado trencilla.
Con todo o dito, sobra mencionar a valoración do árbitro que tocou hoxe. Parece mentira que no seu momento xogara ao fútbol. Non lle valeu isto para ter un pouco de visión das xogadas e do facer dalgúns xogadores. Ainda que iso non sexa excusa para perde-lo partido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario