FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 17 de outubro de 2010

CLUB DO MAR 3 - MALPICA 3










¿Qué dá a entender nesta liga a palabra "pechacancelas"? supoño que nada, un día van a xogar uns, outro día outros e outro día "uns mais outros". O que sí e unha magoa é que o Club do Mar (os de Soandres para entendernos) querrían xogar en Laracha ou en Paiosaco, porque forman parte do concello, e non lles deixan e terminan xogando nun campo bastante peor. Onde xogamos hoxe. Que cando empece a chover será seguro un campo imprácticable para xogar ó fútbol.

Partido con duas partes diferenciadas: a primeira mitade tiveron eles mais ocasións, marcaron un primer gol por medio do nº 12, Eduardo Rodríguez, un golazo por toda a escuadra. E poideron ser mais porque o seu nº 7, Javier Ramos, cabeceou con firmeza un balón que viña do corner e salvouno un dos nosos cando xa se cantaba o gol. Iso unido a que Chouciño, que hoxe andivo moitísimo mais fino que outros días (de nada, Javier), enredouse cando quixo sacar un balón e no roubo de balón do dianteiro contrario non houbo penalty de milagro. Nós tivemos unha moi boa nas botas de Esmorís pero hoxe non era o seu día (nesta primeira parte) e mandou as nubes cando o tiña todo ó seu favor.

Na segunda mitade cambiou a decoración. Ainda que non dera esa sensación ao principio. Porque eles marcaron o segundo gol nun segundo erro de Chouciño, que saiu a despexa-lo balón e sacoullo Daniel Rama que empurrou desde lonxe a rede. Parecía tempo de marexada, pero Mutio fai a continuación unha brillante xogada en parede e tira desde lonxe para marcar o 2-1. E pouco tempo despois Guillermo empata o partido e nunha falta lateral ben sacada, entre Castriño e un defensa chega o 2-3. Cambiara a decoración porque xa os nosos dianteiros funcionaban ben. Pero quen creo que cambiou a destempo foi o noso entrenador, que sustituiu varios xogadores ao momento e perdemos fuelle, botándonos demasiado atrás. Iso aproveitouno o noso rival para facer un par de ataques, o último dos cuales (sobre do tempo final do partido) serviu para que un deles fixese o pase da morte e outra vez Daniel Rama marcara o empate. Sin tempo para mais.

De Añón pouco mais podemos añadir ao que falamos outros anos. Sigue o xogo desde moi lonxe. Ainda fai maravillas para o lonxe que está da xogada. Paréceme que acertou en non sinalar penalty na xogada a favor deles pero errou en dous penaltys seguidos e clarísimos feitos a Guillermo primeiro e a Mutio despois, ainda que creo que non influiron no marcador porque, si mal non recordo, foron cometidos entre o segundo e o terceiro gol nosos. Polo tanto o marcador final fixo xusticia ao acontecido no terreno de xogo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario