Mal tempo para comenzar un partido que acabou en tablas. Si fago memoria creo que a última vez que pasou isto en partido oficial, porque pasa moi poucas veces, foi en Ponte do Porto alá polo mes de xaneiro. Partido de guante blanco, salvo por un desfasado golpe de Fino que non viu que viña Manuel ó balón e deulle coa bota no pómulo. Non fixo xusticia o marcador. O cero deles foi xusto porque non inquietaron para nada ó noso guardamallas circunstancial, Castriño. O noso non o foi tanto porque tivemos unhas sete ocasións, catro na primeira mitade e tres na segunda que puderon ser gol. Non axudou para elo o forte vento reinante durante o partido.
Arbitrounos de novo Julio Pardiñas. Non sei que pasa cos árbitros porque están a arbitrar sempre os mesmos. En fin, fallou claramente en un fora de xogo mal aplicado para cada equipo, o noso cando o xogador arrancaba en inmellorables condicións cara a meta rival.
Arbitrounos de novo Julio Pardiñas. Non sei que pasa cos árbitros porque están a arbitrar sempre os mesmos. En fin, fallou claramente en un fora de xogo mal aplicado para cada equipo, o noso cando o xogador arrancaba en inmellorables condicións cara a meta rival.
"Non fixo xusticia o marcador. O cero deles foi xusto porque non inquietaron para nada ó noso guardamallas circunstancial, Castriño. O noso non o foi tanto porque tivemos unhas sete ocasións, catro na primeira mitade e tres na segunda que puderon ser gol."
ResponderEliminarnon sei quen escribiu esta crónica, pero non viu o partido... houbo ocasións tanto para o Malpica coma para o Dep.Carballo, e bastante claras para os dous lados. O empate é xusto, pero igual poido ser 2-2 coma 3-3, o raro foi que o empate fose 0-0 xa que tiros e ocasións houboas claras para os dous lados.
vamos a ver, quen escribiu isto estaba no campo co nº vinte, nunca foi un secreto. si digo que non houbo ocasións claras para o dp. carballo o digo porque Castriño é un xogador de campo e non fixo paradas comprometidas, ainda que sí é verdade que o perigro estaba rondando a nosa área pero sin concretar, según penso. pero é a miña opinión e non son dios. respeto a vosa opinión. para iso están os comentarios. seguramente que haberá mais xente que pense de esa forma.
ResponderEliminar