Encontro xogado con un tempo desapacible, unha chuvia algo molesta para a práctica do fútbol. Asi foi que os dous equipos puxémonos dacordo e os suplentes colocarónse nas gradas para non mollarse tanto, ainda que despois nos empapásemos no campo.
Empezou a primeira mitade de forma trepidante. Asustou o Sofán con tres ocasións seguidas claras, a segunda das cales foi salvada por Chouciño facendo un paradón cando o balón iba a escuadra. Respostadas inmediatamente por unha clarísima do guaje que non sabemos como fallou cando tiña todo a favor. Non fallaría Esmorís nun balón que non controlou ben a sua defensa e chegou a él en posición inmellorable cruzando diante da salida do porteiro. Estábamos a xogar bastante ben, pero cando mellor xogábamos o seu nº 3 (Rafael Carracedo) marcou un dos mellores goles que se verán este ano na liga de veteranos, mandando un balón a escuadra no que Javier non pudo facer absolutamente nada. E pouco despois Chouciño fixo unha saida da portería innecesaria porque o nº 10 deles, Juan Couto, estaba sendo bastante controlado por dous defensas nosos, mais, con ese regalo, soio tivo que cruzar o balón e marcar. Antes do descanso nós tivemos a clarísima ocasión para empatar nunha xogada ben trenzada de esquerda a dereita, dónde o balón foi do guaje a Esmorís que fixo unha boa asistencia a Guillermo que entraba soio pero , en lugar de seguir cara a portería, tirou e o balón saiu cerca do pao esquerdo.
Na segunda parte tentamos poñer cerco a portería deles. Neso lesiónase Javier Chouciño e tivo que poñerse baixo dos paos Alberto. Pudemos empatar si o árbitro pita un penalty a Mutio, cando querendo controlar un balón na área, tocou o balón e foi empurrado polo defensa, pero Pepe Novo desentendiuse da xogada e mandou seguir. E do posible empate pasamos a encaixar o terceiro nun contragolpe de cinco deles que soio foi defendido por catro defensas nosos. O balón chega a Juan Couto e marca de novo sin que Alberto poidese facer nada.
Salvo a xogada do penalty nada temos que decir do árbitro. Deixou xogar e tampouco lle puxemos moitos atrancos os dous equipos posto que casi que non houbo patadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario