FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 10 de outubro de 2010

MALPICA 2 - AGUALADA 1













Mañá soleada para xogar ao fútbol. Visitaba o campo de Malpica o equipo de Agualada co noso ex-compañeiro Julio Vila nas suas filas. Equipo que xoga bastante ao límite das suas forzas ainda que na segunda mitade escasearonlle.


Na primeira mitade os seus medios centros Rogelio, Berto e Julio abarcaron o medio centro do campo e lanzaban ben aos rápidos interiores poñendo en apretos a nosa defensa, desfacendo ben o fora de xogo e fallando algunha ocasión moi clara. Pero foi por un fallo personal do que escribe isto, cando comprometín un balón dándolle ó interior dereito que seguiu sin oposición cara a portería e tirou ó longueiro, recollendo o balón J. M. Ferreiro, que mandou o balón cara o pao lonxano e marcou.


Non se amilanou o noso equipo e nunha xogada posterior Mutio mandoulle o balón en longo a Antonio que dribla ó seu defensor e cando avanza cara portería é derribado. O penalty transformouno Mutio establecendo a igualada a unos.


Na segunda parte estivemos mais enteiros que o rival e conseguimos mete-lo na sua parcela. A xogada clave estivo na expulsión por parte de Pillo de Julio Vila e o noso xogador Walter. E verdade que si as protestas de ambos non foran establecidas con tarxeta roxa e sí con tarxeta amarela, Walter tería que irse ao ser a segunda e Julio quedaría soio con unha e, polo tanto, no campo. Pero tamén e verdade que Julio tería que haber visto a tarxeta nunha obstrucción a Mutio antes do descanso, soio que parece que non se deben meter tarxetas por "casi" nada. Con esa expulsión o trío deles no medio campo quedouse nun duo e bastante coxo.


Posteriormente, un balón colgado por Tino (desde casi medio campo) chegou a Lancha, soio diante do porteiro, disparou e o rechace do guardamallas foi rematado de novo por Añón que fixo o 2-1. De ahí ao final non pasamos mais apuros que na xogada final. Falta feita no medio centro esquerdo e balón colgado por Rogelio na nosa área. Dourado non consigue despexar peinando o balón cara atrás, chega a un deles que tirou desde a línea de fondo a porta, o balón foi rechazado por Chouciño, voltando ó borde da área grande e cando eles mandaron de novo o balón cara os compañeiros, iste pega na man de Dourado, sinalando Pillo o penalty correspondiente. Lanzouno Rogelio e o balón da no longueiro, non pudendo ser rematado de novo e acabándose prácticamente o partido.


De Pillo non temos moito que decir. Non tivo as culpas que un e outro equipo lle puxemos, temos que facer examen de conciencia e deixar pitar porque non creo que tivesemos razón en todo o que lle pedimos.

1 comentario:

  1. Julio Vila : Eu non lle dei unha patada a nadie no partido de onte,so fixen unha obstrución,non hai qie ser moi listo para distinguir eso dunha entrada,as veces hai que pensar antes de escribir ou se non facer un borrador...

    Wash Calvo : ainda que fora unha obstrucción, na miña opinión era tarxeta amarela porque cortaches deliberadamente a acción de Mutiu (e comenteino con Berto ao final e dábame a razón e eu dáballa en que as duas debían ser amarelas e Walter irse a calle e tí non nesa acción). xa sei que non deches patada algunha...

    Julio Vila : Si señor,é amarilla a obstrucción,pero non é unha patada,mira o que esta escrito no blog.Estamos ben expulsados os dous pero non ouvo xogo violento nunca

    Wash Calvo : xa cambiei a entrada. a ver, anteriormente puxen "entrada sin balón que fixo a Mutiu" e agora poño "obstrucción a Mutiu". non decía o da "entrada" no sentido de "patada a" ainda que entendo que alguén pode comprendelo

    Wash Calvo : e pido o teu permiso para poñer todo isto nos comentarios. claro e en botella dis que é auga (ou gaseosa)

    Julio Vila : Permiso concedido,faltaria mas.Primeiro es ti como persona e coma compañeiro.Sei reconocer cando meto a pata.

    Wash Calvo : o cual che honra. eu tamén digo que primeiro es tí como persona e coma compañeiro. o fútbol debe de quedar en segundo plano ainda que non nos guste.

    ResponderEliminar