A importancia de ter porteiro. Porque, ainda que Alberto se empleou ben, si houbésemos contado con algún dos porteiros que tivemos tanto o ano pasado como éste creo que non se chegaría de ningunha das maneiras a ese marcador tan abultado.
A primeira mitade acabou 3-1. O primeiro foi un bo tiro desde a esquerda de Michel rompendo o fora de xogo. Non nos descompuxo ese gol pero sí o fixo o segundo. Despois de que (según penso) Luis nos perdoase un penalty vai e da gol nun córner dónde houbo falta clarísima na área pequena ó porteiro (para acabar de facela que me explique cómo si é Alberto o que despexa o balón cara a portería na acta adjudícalle o gol a un xogador deles, como non fora o que lanzou o córner...). Hasta a chegada ó descanso houbo un novo gol deles e mais o primeiro noso nun balón en largo ben mandado por Chucho que aproveitou Esmorís.
Na segunda parte estábamos a xogar bastante ben, incluso Esmorís non aproveitou un regalo do seu porteiro para achegarnos no marcador. Na xogada posterior, en un balón en largo, o seu dianteiro chegou antes que Alberto e marcou. Nesa xogada quedou mancado nun brazo Alberto (que despois xogaría no medio campo) e pasou a ocupar a portería Suso (que había saido tocado nunha perna antes). Dous novos goles do Cerqueda redondeaban a goleada. A partires de ahí maquillamos algo o resultado con un balón en largo que foi aproveitado por Esmorís e mais un penalty tonto feito por eles sobre Mutio, que xa o tirou e transformou no 6-3 definitivo. Ainda pudo facer un hat-trick Esmorís pero desaproveitou a última do partido cando estaba en boa posición para marcar.
Penso que Luis non incidiu no resultado ainda que saca ós xogadores de quicio con algunhas polémicas decisións. O que sí lle adxudicamos todos é a sua neutralidade. Non tira para un lado nin para outro. Iso é bo nun árbitro. Sobretodo nun "derby", ainda que foi xogado con gran deportividade polos dous conxuntos.
Xornada redondeada por unha invitación do Cerqueda ós pinchos en Pasacondía. Non puden ir pero dixéronme que estivo inmellorable polo que o noso equipo da as grazas ós anfitrións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario