Voltamos a xogar ben. Voltamos a ser un bo equipo. E voltou o bo tempo ainda que fixera un pouco de frío. Soio un pero : non entendo como o comité non organiza mellor os partidos dobles en un campo de fútbol (Camariñas, Paiosaco, partidos compartidos con xuvenís, cadetes,...). Vamos a ver, non é tan difícil que no descanso do primeiro dos partidos se reunan o delegado de campo dese partido co delegado do partido siguinte e vaian facendo sitio para dous equipos en cada vestiario. Facémolo os xogadores sin que interveña ninguén (de forma menos ordenada, tamén hai que decilo), ¿non se pode facer de forma mais lóxica e que non teñamos que pasar por cambiarnos en calquer curruncho e de calqueira maneira?
Outra historia desta liga mais : ¿si se meteu ó Muros a deshora nela non sería lóxico que os partidos deles foran incrustados de forma ordenada nos nosos? Porque xa nos tocan tres partidos seguidos fora da casa e o mesmo lle pasa a mais equipos. O normal sería que o partido de Muros tocara primeiro en Malpica e non ó revés. Xa sei que na segunda volta tocarán seguidos na casa pero por moito que o digan non é o mesmo.
Xogamos un primer tempo de película. Adiantándonos ó rival, achicando os espacios, abrindo o xogo as bandas,... Metemos o gol con moita fortuna nun lanzamento de esquina feito por Walter que o porteiro quixo despexar e meteuno na sua meta. E poidemos aumenta-la diferenza si o Guaje andivera fino e resolvera un man a man. Mais tivemos algúns outros acercamentos que non pudemos resolver.
Pero sabíamos que a minor edade podía xogar ó seu favor. Iso mais un árbitro, Añón, que non quere saber nada de seguir o xogo mais de cerca. Dito e feito, arranca o nº 22 en fora de xogo (que non foi estar casi en línea cos defensas, que estaba metro e medio por diante) dando o pase da morte con tan mala sorte que Luis querendo despexar introduce o balón na portería. Non hai nada que decir en contra do Porteño, puderon meter gol na siguinte xogada pero ahí fallaron e tiraron fora cando o fácil era meter gol. E nós tivemos o arrebato final nunha xogada dónde o Guaje pelexou un balón contra o porteiro e defensas rivales pasándolle o balón en horizontal a Walter que o recolle e, cando o mais fácil era metelo, mandao fora.
Ahí acabaron as nosas opcións. E foi o seu nº 9 o que nos deu a puntilla aproveitando un balón que quedou solto ao borde da área mandando un tiro axustado a base do pao dereito da portería, hoxe ben defendida por Chouciño.
Hai que decir que houbo partidazo de Alfeirán. Cortou todo-los balóns que pudo cortar. Ben secundado por toda a defensa. E o centro do campo organizouse bastante ben. Puxémosllo moi difícil a un equipo xoven como o Porteño. Pero falta pegada arriba. A ver si voltan os dianteiros porque o Guaje sólo pode... pero menos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario