Partido xogado con moi mal tempo. Vento e chuvia por doquier. Ainda así non fixo tanto frío como en días pasados e iso foi de agradecer.
Creo que o Corme xogou con bastantes baixas. Nós tivemos dous cambios porque hai moita xente lesionada e temos que dar tempo a sua recuperación.
Saiu o equipo contrario en tromba e meteu Angel o primeiro gol ao minuto e no minuto siguinte xa tiveron ocasión para meter o segundo pero Chouciño impediuno. Organizamos filas e, a favor de vento, empezamos a te-las nosas ocasións. Marcamos en falta lanzada suavemente por Tino coa axuda do porteiro rival que non estaba para xogar e meteuna en propia porta. Espabilamos e quen sí meteu gol foi Walter cando Tino lanzou outra falta, o balón pegou no traveseiro da meta rival, voltou ao campo e cabeceou soio o 1-2. Pudemos meter o terceiro en varios contrataques do Guaje que se plantou na área rival pero non foi quen de mandala entre os tres paos. E foron eles quenes meteron o empate aproveitando unha entrada pola banda esquerda nun contragolpe con pase ó segundo pao e gol do nº 15, F. Centeno.
Na segunda mitade pasou a domiña-lo xogo o Corme. A favor de vento apretaron de lo lindo. Pero defendemos como pudemos e mesmo pudemos marcar outro si o Guaje andivera fino. O porteiro deles xa espabilara e sacou un par de mans salvadoras.
En resumen, empate xusto no marcador e boa arbitraxe de Pillo nun partido xogado limpamente por ambas partes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario