FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

sábado, 27 de agosto de 2011

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DO BERGANTIÑOS (LIGA DE SANTIAGO) 2


Partido amigable (ó cual tiñamoslle gañas desde fai moito tempo) contra do equipo do Bergan que xoga na liga de Santiago, co cual temos un xogador en común : Suso de Vilaverde, Cereo, que hoxe tivo que xogar con nós. Sentímolo, irmáns , a siguinte vez xogará con vos.

O partido xogóuse con moitísimo calor e calquera dos dous equipos estaba con poucos cambios para afrontalo.

Na primeira mitade houbo poucas ocasións para conseguir un gol. Tanto un equipo como o outro tiveron unha sóla ocasión nesta parte.

Todo o contrario foi a segunda mitade. Xogóuse aceptablemente ben pese a falta de forzas. Nunha sucesión de xogadas trenzadas en ambas porterías, Leo fallou unha deixada atrás cando o mais normal sería que metera gol, Matías prántouse sólo diante do porteiro e tirou fora, Cotelo non fallou a misma xogada na outra portería e meteu gol, Castro recibiu un balón en largo e con unha perfecta vaselina marcou o empate.
Parecía que se iban a calmar as cousas pero ós poucos minutos Javier Ferreiro cruzou un balón ó fondo das mallas. E Matías nun balón que creíamos imposible rematouno ó largueiro no que parecía de novo o empate. Si cadra sería o resultado mais xusto para o visto no partido.

Bo ensaio para empeza-la temporada, con novos fichaxes (Fran, Matías e nun futuro, cando cumpla os anos, Nacho) pero tamén faltou xente que non ten que faltar a partir de agora. Neles unha ausencia significativa por motivos de traballo foi a do seu presi, o noso amigo Vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario