Mañán xogada con algunha que outra chuvia no transcurso do partido. O que non é de recibo é que nos enteremos do retraso na hora de empezar polo calendario do comité colgado en Internet. Suponse que o mesmo Corme de Veteranos tería que poñerse en contacto cos Veteranos de Malpica e avisarlle do cambio de hora. O campo aparecía cerrado as 12 da mañán (é decir, non había partido que pudera ser motivo do atraso na hora ainda que escoitamos posteriormente que o sábado houbo boda por todo o alto a que acudiu medio Corme) e os seus responsables, cando apareceron porque foron a buscalos, botaron pestes por non habelos avisado do horario do partido de veteranos. En definitiva, que podíamos haber empezado sin ningún tipo de problema as 11 da mañán si fora por motivos exclusivamente deportivos.
Bueno, o partido foi determinado, aparte do bo xogo de todo o equipo, que estivo moi serio nos cortes e na disposición de todo-los xogadores malpicáns sobre do terreno de xogo, polas accións da nova fichaxe dos veteranos: Agustín, coñecido hasta o momento polo "apodo" de Matías e que a partir de agora vai a ser coñecido entre nós polo sobrenome de "A Galerna das Sisargas", en clara alusión histórica ó extremo do Madrid dos mellores tempos, Paco Gento. O noso, aparte de darlle as cervezas que é unha pasada (cousa que non pasaría desapercibida en calquer outro equipo pero entre nós non ten tanto mérito), tenta sempre chegar a balóns casi que imposibles e non sabemos cómo, pero chega.
Pero vaiamos por partes : saimos moi ben colocados e xa aproveitamos un balón en profundidade sobre Agustín, que foi quen de controlalo para chegar a portería, sendo derribado cando se dispoñía a tirar. O penalti foi transformado por Mutio. Era o minuto dez de partido e xa poñíamos distancia no marcador. Distancia que se pudo haber aumentado si "a Galerna" houbera chegado a outro balón que recibiu moi preto do porteiro. O Corme tentaba de chegar pero, a pesar de ir a favor de vento, mandaba balóns inútiles ós seus dianteiros que se perdían por línea de fondo.
Na segunda parte seguimos controlando o balón e tivemos na defensa (formada por Fino, Suso, Tiño e Alberto) unha línea infranqueable, ben axudada polo centro do campo. O Corme tentaba de cerrarnos no noso campo pero para iso tiña que poñer a defensa moi adiantada no centro do campo. Dando lugar a que os nosos centrocampistas mandaran balóns en longo ós dianteiros. E foi un balón moi ben mandado por Añón o que aproveitou Agustín para prantarse sólo diante de Jorge, que exercía de porteiro, driblalo e marcar o segundo. Pudo incluso marcar o terceiro porque nun balón que saiu a despexar Jorge acabou nos pés da "Galerna" que tirou con moita intención pero sin forza e o balón foi despexado sin apuros por Manolo. De ahí ó final o Corme sólo puxo a nosa defensa en apuros en dous balóns claros de fora de xogo (que o árbitro non apreciou) e nun balón que centrado chegou a dar no poste da portería. Poucas ocasións para tentar da-la volta ó marcador.
O árbitro (Castro Castro) salvo nesas xogadas de fora de xogo claro que citei, onde se equivocou, pasou desapercibido e estivo bastante ben. Seguimos, como nas anteriores temporadas, sin darlle facilidades os xogadores que estamos sobre o campo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario