
1º- VETERANOS DE BUÑO.

2º.- VETERANOS DE LEILOIO.

3º.- VETERANOS DE CERQUEDA.

4º.- VETERANOS DE MALPICA.
FINAL : BUÑO 2 - LEIOIO 1
3º e 4º POSTO : MALPICA 1 - CERQUEDA 2
SEMIFINALES :
BUÑO 1 - MALPICA 0 ////////LEIOIO 1 - CERQUEDA 0





Bueno, fin de semana completo. Partidos os dous días e, si facemos caso a clasificación, gañou o que tiña que gañar por lóxica do fútbol. Nós perdemos o sábado contra o Buño con un gol en mal entendemento ca defensa do novo porteiro que debutaba con nós e acababa de entrar ó campo. No segundo partido xa xogou todo o partido e fixoo perfecto. Neste partido, contra o Cerqueda, gañabamos ó descanso por un gol de pillería e fortuna no rebote de Agustín. Pero o mister rival percatóuse de quen estaba no noso lateral esquerdo e puxo en liza ó "Vinte pletórico" contra o que "Vinte renqueante" quedou xubilado e con poucas gañas de voltar a xogar. Por ahí chegou o gol no minuto dous da segunda parte e Richard aproveitou un regalo en balón que escapouselle a Alberto e que o deixou en franca posición para marcar o gol da victoria.
Nos partidos en dónde non xogamos nós, houbo sorpresa relativa na semifinal entre os veteranos de Leioio e Cerqueda. E digo relativa, porque non é normal que o noso ex-compañeiro Richard falle goles tan cantados como os que fallou. Si se perdoa tanto, acábase pagando. O Leioio marcou, organizouse ben e mesmo tivo outra oportunidade con balón o longueiro. Na final, o Buño puxo mais carne no asador e chegou a estar 2-o. A pesar de que os de Leioio recortaron na segunda parte non conseguiron empatar.
E para terminar, xa que non gañamos no campo, tocábanos de gañar na pinchada. E a cesta de licores que se rifaba tocóulle a Alberto, que xa se apresurou a "donala" para a siguinte comida de veteranos de Malpica, na que tamén haberá un botellón de cinco litros de Viña Pomal (do mesmo donante) que non sei si conseguiremos sacar forzas para acabar. ¿Alguén aposta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario