Aguantamos ben hasta o descanso. De feito casi que empatamos en ocasións. Eles tiveron duas bastante comprometidas cara a nosa portería que non conseguiron o seu obxetivo e nós tivemos unha, pero boísima, cando Fran aproveitou preto do descanso o único fallo da sua defensa, recollendo un balón por alto preto da área pequena, matándoo ao pé mais, cando creíamos que fusilaria sin piedade a Juan Carlos, tentou engañalo co exterior e saiulle un tiro moi froxo ao corpo do porteiro.
Na segunda mitade xa eles impuxeron o seu mellor tono físico, de acordo tamén ca menor idade que expoñíamos antes e tamén ca entrada polas bandas que se propuxeron. Conseguiron gol no min. 55 con balón enviado cara o centro donde se atopaba Chili que dispara a porta. O balón sería claro para paralo Nacho pero encontrou no seu camiño a Alberto de Seaia, da no seu corpo e despista ao noso porteiro. A partir de ahí as únicas ocasións claras foron para o Sofán pero tamén hai que añadir que o seu mellor home hoxe foi o nº 15, Francisco Javier, que maniatou en defensa os esforzos de Fran por achegarnos a portería. E no desconto, min. 92, recolle un balón Cambón preto da portería e tira cruzado sin que Nacho pudese facer nada.
Arbitrou Pichu, ex-xogador dos veteranos de Ponteceso. Fíxoo bastante ben e notouse que se había dedicado a xogar ao fútbol, cousa que se bota en falla noutros colexiados (ainda que se de o caso de que algún deles, ainda que non xogara nunca ao fútbol, arbitre ben tamén), porque sabía ben de que iba a cousa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario