FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 30 de xullo de 2013

MALPICA NON TERÁ EQUIPO DE CADETES NA COMPETICIÓN

Este é o titular que pon Luis Porto no seu blog e que creo debe de ser tomado en consideración :

FRACASO!, A SCD MALPICA, NON PARTICIPARÁ, POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO EN CADETES NA TEMPADA 2013/14.



Creemos que efectivamente é un fracaso. Como política deportiva non é aceptable que os rapaces do concello sólo teñan como alternativas ou marchar para outros concellos a practicar deporte (que conduce a que no futuro sigan no fútbol posiblemente nos equipos deses concellos que pagaron a sua formación), xogar por libre na praia ou en pistas de fútbol sala, elexir outro deporte (co cual podería ser tamén que marcharan do concello) ou, simplemente, vagar sin facer nada polos pobos,... Xa sabemos que non hai cartos. Pero tamén sabemos que, usando a cabeza para pensar (cousa que se lle pide aos políticos), non se exixe moito mais que o que están a facer os que programan actividades deportivas alternativas no concello de Malpica. Si non se fai nada queixarémonos todos o día de mañán de como quedarán as cousas habendo tido na man as solucións para arranxalas.


1 comentario:

  1. José Luis (ex 6 do Leiloio)30 de xullo de 2013, 17:22

    Apéname esa noticia e coincido na túa valoración: non lle estamos a dar ós mais cativos alternativas viables no terreno deportivo na vila, máis alá de acontecementos puntuais, con boa prensa pero dunha periodicidade demasiado espaciada. Con respecto o fútbol sala e a praia, seguramente non son obxetivo pero noto en como tanto en participación como en organización (a calidade da segunda influiu na cantidade da primeira) vaise vendo un descenso alarmante. Se fora posible organizar algo por outros cauces contade conmigo para botar unha man

    ResponderEliminar