Empezamos o partido con once xustos aos que se añadiron unha vez empezado o partido Fran da Illa e Tino como únicos relevos. Con esos efectivos fíxose unha alineación como a que sigue: Carlos, Fino, Alberto de Seaia, José Regueira, Wash, Alberto de Barizo, Manu Pardo, Abel, Ramón Angel, Richard e Matías. Falamos de outro equipo que non pudo vir a xogar (Nacho, Luis Naya, Suso, Alfeirán, Chucho, Almovil, Alex, Marcelino, Mutio, Walter, Lancha e Fran) e que podía mais que perfectamente saltar ao campo.
O partido tivo moitos goles de cada bando. Ainda que a todos nos chegaban escasamente as forzas. Moito xogo de toque e con xente que sabía tocar o balón. Ao descanso chegouse con ventaxa local por 2-1.
O momento clave do partido foi que, habéndose posto o Juventud de Bergantiños con marcador a favor de 3-1 ao inicio da segunda parte, non demos o partido por perdido. Incluso o remontamos, chegando aos dez últimos minutos con marcador a favor por 4-5, con penalti discutible anteriormente pitado ao noso favor. Pero o empuxe dos rivais fixo que marcasen o empate cando sólo faltaban tres minutos para a finalización. Empate nun partido pitado por Caamaño e todos contentos. Marcaron polo bando Matías (3), Ramón Angel e Richard.
Ningún comentario:
Publicar un comentario