E facémolo botando unha ollada atrás aos comenzos do equipo. Recordaba Modesto nunha entrevista como empezaron a andar esta liga e o comité, cos impulsos dados por Fernando Couto mais él. Pois nesa entonces pequena liga entrou tamén o Malpica. Fernando pensou, con bastante razonamento, que si ao equipo de Asfeco (de donde sairon dez ou mais xogadores e que asistían con regularidade aos partidos) uníaselle parte do equipo, tamén de fútbol sala, do José Regueira e do equipo de fútbol Veteranos de Buño da liga de Santiago non habería problemas para poder ter un número de efectivos suficiente para poder disputa-los partidos toda-las semanas. Todo o demais xa é historia. Gañamos a primeira Liga de Veteranos da Costa e o Cabana gañou a primeira Copa de Veteranos.
Moito cambiou o tema desde entonces. Chegaron a xuntarse tantos equipos que deu a cousa para facer duas divisións. E niso seguimos estando once anos despois. Con unha serie nova de xogadores pero conservando moitos deses primeiros efectivos (dez siguen asistindo ao equipo desde o primeiro) e xogando mais divertíndonos domingo a domingo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario