FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 29 de setembro de 2013

PORTEÑO 2 - MALPICA 0

As chuvias que anunciaron para a fin de semana non fixeron acto de presencia e pudemos disfrutar de unha mañán espléndida para a práctica do fútbol. Estivemos desazeis efectivos para a disputa do partido, o que asegurou que pudesemos manter o nivel durante o transcurso do mesmo.










Moita pólvora temos no equipo. Hai que recoñecelo. É unha gozada ver no centro do campo a Alberto de Barizo, Mutio, Palomo, Fran da Illa e diante a Richard, Fran, Marcelino e a Galerna. Si cadra o fallo está en que xoguen ao mesmo tempo porque hai algúns xogadores que parecen clonados, que ocupan a mesma demarcación e pisan a mesma zona do campo, estorbándose. Do equipo rival podemos decir que saliron moi forte ao encontro, con uns vintacinco primeiros minutos con un nivel físico altísimo. Neses minutos tocounos aguantar o tipo, con poucas oportunidades de cara ao gol por ningún dos dous equipos. A partir de ahí o Porteño baixou a presión e nós xa presionamos mais conseguindo acercarnos a portería rival. Tivemos duas ocasións moi boas : a primeira foi un centro de Alberto de Barizo que chega a A Galerna, en claro fora de xogo, e o seu tiro pega no traveseiro da portería. A segunda foi outro centro tamén desde a dereita ao cual non chegaron nin A Galerna nin Fran na boca de gol.














A segunda parte tiña que ser nosa, o Malpica notábase moito mais enteiro que o Porteño. Pero todo o xogo que se creaba no centro do campo morría nas aproximacións a área. Os nosos dianteiros empezaban a desesperarse. Cos nosos fallos démoslle aire aos nosos rivais. E no min. 62 chegou a xogada que cambiou o partido. Un pouco mais adiante do centro do campo recolle o balón o nº 3, Mouzo, e larga un zambombazo dos que acostuma a facer no noso equipo Manu Pardo, o balón pega no traveseiro e o seu rechace da na nuca de Nacho, bota e sale rebotada ao campo. A nosa sorpresa foi que, estando o árbitro no medio do campo sin posibilidade de ver donde botou, da o gol. Lío mayúsculo. Nós non entendíamos que o árbitro mais os defensas do Porteño puderan decir que foi claramente gol porque desde donde estaban era imposible que o viran. Estaba vendo o partido Esmorís na grada, a un nivel mais elevado que nós e díxonos que de ningunha maneira foi gol. En cambio o árbitro anuloulles posteriormente unha xogada de gol ao Porteño por fora de xogo que eles reclamaron como inexistente. De ahí ao final galopada constante e atropellada por parte nosa en busca do empate. Pudo vir si Miguel quixera ver penalti nunha patada por detrás que lle deron a Galerna dentro da área cando protexía o balón, penalti tonto ao cual él responde que non era para tanto a cousa.

 O mister ve que necesita un pouco de empuxe no centro do campo e determina arriscar : manda a Alex, que estaba cumplindo moi ben de defensa central, para o centro do campo retrasando a Mutio a defensa, con defensa de tres. E casi que lle sale ben a primeira. Porque Alex, no primeiro balón que toca, adéntrase cara o borde da área grande sorteando contrarios, lanza un zambombazo que víamos xa dentro, o balón rebota no pao e o seu rechace vai cara a Galerna que, sólo, manda o seu cabezazo por enrriba do longueiro. Estaba claro que non era o noso día. E o risco de defender con tres pasounos factura no min. 85 cando Héctor rompe o fora de xogo e galopa sólo cara porta definindo diante de Nacho.

 Non nos gustaron as decisións de Miguel. No primeiro gol sabemos que está claro que tanto si pita gol como si non habería polémica. Pero creemos que él non pode pitar o que non viu. E o penalti a Galerna é claro, tonto pero claro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario