


Enfrente tiñamos un equipo bastante renovado, con xente que non da un balón por perdido. O seu xogo mellorou este ano porque a valentía e saber facer do dianteiro Dani uniron o físico de David formando un duo moi perigroso. Claro que o noso plantel tamén se renovou. A primeira parte foi si cadra a mais disputada das que xogamos esta tempada e bonita de ver. Os dous equipos tiveron ocasións de marcar pero o resultado non se moviu.



Pero quedaba a segunda parte. E esa, con permiso do Agualada foi nosa. Tivemos múltiples ocasións de marcar. E fixémolo nun gol tempraneiro que non saliu de unha xogada trenzada. Froito de un balón en largo, no min. 48, cara a área rival o despexe da defensa quedoulle manso a Richard ao borde da área que lanza un tiro axustado ao pao dereito da portería de Rubén, hoxe o mellor deles, que non pudo facer nada por detelo. E a partires de ahí tivemos moitas ocasións de lograr o 2-0. Pero unhas veces Rubén, outras malogradas no último tiro que salía alto ou desviado, non pudemos logralo. E a máxima do fútbol que ven decindo que quen perdoa paga rondaba na nosa cabeza. O Agualada botou o resto nos últimos dez minutos e tivemos que defendernos como gato panza arriba para manter o resultado porque calquer xogada de córner era moi perigrosa. Na nosa opinión o resultado foi xusto, non sei o que opinaran os nosos rivais.
Arbitrou Javi. Si temos que decir que mostrou mellor colocación que os anteriores trencillas. Ainda que o estar mellor colocado non é proba de que non vai a haber fallos. Porque a nós pitounos un par de foras de xogo e aos nosos rivais un mais que dubidosos. Tamén deixou de pitar faltas moi claras que sucederon diante sua e foi moi permisivo con certo xogo duro mostrado polo Agualada. Pero en xeneral non tivo incidencia no resultado salvo que, si acertara nos fora de xogo, non pasaríamos os atrancos que pasamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario