Hoxe tamén se cumplen dous anos de un dos peores momentos vividos na corta historia dos Veteranos de Malpica, ainda que pudo ser peor. O 30 de Outubro de 2011 producíase, durante o partido Malpica - Sofán, un dos sucesos mais angustiosos que nos tocou pasar. Na segunda parte do partido caía desplomado o xogador nº 12 do equipo sofanista, José Queijo Docampo, fruto de un ictus cerebral. Desde entonces, pudemos ver ao noso compañeiro nunha lenta recuperación que ainda dura. Nunca pudo voltar a xogar pero a vida é algo mais que xogar ao fútbol. Visto o visto gañan mais forza as palabras que puxemos como cabeceira no noso facebook "Somos un grupo de xente unido (amigos e achegados) que trata de pasalo ben xogando ao fútbol.A vida xa da suficientes paos como pa facelo de outra maneira."
Aquí vemos unha foto do equipo de Veteranos de Sofán. José Queijo é o que está na fila de pé a dereita de todo. Un abrazo para o noso camarada e a sua familia. E moita forza.
AVISO
As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.
mércores, 30 de outubro de 2013
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario