FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 20 de outubro de 2013

MALPICA 2 - CORCOESTO 1

Boísimo tempo en Pedra Queimada para xogar ao fútbol. Estamos a ter moitísima sorte co tempo no que vai desta liga. Tamén estamos a ter sorte co número de efectivos porque xuntamos sempre entre quince e vinte xogadores sendo decisivo este factor para dar un rendimento alto nos nosos enfrentamentos.
Enfrente tivemos a un dos mellores equipos desta segunda división de veteranos. Un conxunto relativamente xoven comparado co noso e tamén con bastantes efectivos. Un equipo que xamais da un partido por perdido, loita hasta o infinito e deixa o pabellón moi alto. O encontro foi un toma e daca constante, con ocasións para os dous lados e cuya victoria e goles celebramos como si fora decisiva para gañar a liga.

Na primeira parte saliu mais decidido o Corcoesto. Xa nos primeiros minutos o colexiado non quixo ver penalti nun derribo de Nacho ao dianteiro sin tocar o balón, cando todos creímos que o iba a pitar. E pouco despois Jano cabeceaba libre de marca no segundo pao e obrigando a Nacho a facer un auténtico paradón. A partires do minuto vinte equilibráronse as forzas e xa dispuxemos de algunha que outra ocasión. Pero tirábamos pouco desde lonxe cando tiñamos un pouco de vento a favor.


Na segunda parte fomos nós os que saimos mais decididos a atacar. O centro do campo conseguiu levar o peso do partido. E no min. 58 un ataque desde a esquerda levado por Richard e Manu Pardo fixo chegar o balón a Marcelino, sólo en tres cuartos de campo, que desde ahí largou un tiro duro e axustado ao pao dereito da portería que conseguiu poñer o 1-0.  E sólo catro minutos despois José Regueira, na línea medular, consigue zafarse da presión do Corcoesto, adianta o balón sobre Manu Pardo que asiste ao desmarque da Galerna e, diante da saida do porteiro Fraga, eleva o balón por enrriba para facer o 2-0.


 Pero si creíamos que xa o tiñamos feito estábamos equivocados. Porque o Corcoesto lánzouse a unha loita sin tregua para cercar a nosa portería. Ahí Nacho voltou a estar inconmensurable parando todo o que había que parar. Non eramos capaces de alonxar o balón da nosa portería. Os rivales, con Jano e Puñal moi activos, insistían e insistían. E no min. 78 un balón enviado entre líneas é recollido por Jano que marcha sólo cara portería e marca. Nós pouco despois pudemos conseguir o gol da tranquilidad cando Richard fai un xogadón pola esquerda e dalle o pase da morte horizontal a Manu Pardo que, sólo e a tres metros da portería, non tivo a pacencia necesaria e dispara por enrriba do porteiro. De ahí ao final defendémonos fieramente, sin descanso, e conseguimos gañar o partido non vendo o momento de que o árbitro pitara o final.

 Arbitrou Pillo e non o fixo mal. Hai que achacarlle o fallo do penalti non pitado nos inicios e que os nosos rivais reprocháronlle durante todo o partido. Pero salvo esa acción todo o demais o pitou ben e con unha colocación impecable, na que non se limitou como os demais colexiados a seguir o xogo desde o círculo central. Tamén hai que decir que o encontro, ainda que fora moi pelexado, non tivo entradas duras por parte de ningún dos dous equipos. Como debe de ser.

3 comentarios:

  1. Ven rapaces o domingo a ganar e xogamos caladiñosjaja e o noso n17 que non se lle ocurra celebralo

    ResponderEliminar
  2. este domingo merecemos ganar pero o final o que perdoa o paga e tedes un dos mellores porteiros da categoria

    ResponderEliminar
  3. Un dia bo teno calquera ooo e ese dia foi o domingo

    ResponderEliminar