FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 6 de outubro de 2013

MALPICA 7 - CORME 0

Día soleadísimo e con temperaturas moi altas. Para nós, que tiñamos oito cambios (entre eles o debut nas nosas filas do xogador Sergio Pérez de Tella), un problema menor. Para os nosos rivais, que sólo conseguiron ser dez efectivos (ainda que lle faltaban dous xogadores, un deles o incombustible Manolo da Campara, que van casi sempre), unha tortura.










Na primeira mitade xogamos ao ralentí, non pode decir o Corme que nos empregamos a fondo. Marcamos xa no min. 1, prantándose sólo Richard diante de Ramón e superándoo con unha vaselina. Non era moi gustoso xogar en maioría. Pero ainda por riba perdémonos en viravoltas, cañitos, olvidar ao compañeiro mellor colocado, pases imposibles,... En definitiva, si o Corme tiña algunha forma de marcar gol ésa era unha. Casi que non tivemos mais ocasións para marcar e eles tiveron unha que enviaron alto.
 











Na segunda parte casi que se repetía o guión da primeira. De feito, a primeira ocasión foi do Corme. Alex saca brillantemente unha falta por enriba da barreira e Nacho fai unha estirada impecable para desviar o balón. Ibanos mal. Pero no min. 57 Richard fai o 2-0 e ahí acabouse o partido. Para o Corme xa se lle facía moito aguantar e empezaron a caer mais goles. Fran marcou nos min. 60, 70 e 80, Mutio o sexto no 82 e a Galerna no 85 o definitivo gol diante de un equipo rival que xa pedía o final do partido.

 Arbitrou Castro. Aos nosos rivais non lle gustou que seguira o xogo tan de lonxe pois pediron fora de xogo no terceiro e no séptimo gol. Podemos pensar que o fora de xogo nace no momento do pase, non cando recibe o xogador, e ahí habería moito que discutir. E acordámonos da semana anterior donde Miguel deu un gol fantasma estando no medio do campo, como hoxe estaba Castro. Nós tamén vimos sobretodo un penalti a Fran na primeira parte que o árbitro non viu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario