FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 10 de novembro de 2013

XUSTO EMPATE : DEPORTIVO CARBALLO 1 - MALPICA 1


Hai que empezar polo verdadeiramente relevante hoxe. Aparte de facer un tempo aceptable para xogar, os dous equipos tiveron abundancia de efectivos, con bastantes caras novas,  para poderse xogar un encontro de alto nivel físico. As duas cousas que vimos todos sobre o campo foi que o empate final era xusto e que o ritmo físico foi moi alto.


Empezou o partido moitísimo mellor o Deportivo Carballo. Nesta primeira mitade o gañador no xogo foron eles. Xa nos primeiros minutos dispuxeron de un penalti. Lanzouno ben Suso (forte, alto e a lado esquerdo da portería) pero Nacho adiviñou o lado por donde iba o balón e fixo un auténtico paradón, desviando a córner. E casi ao momento, no min. 5, Suso recibe un pase adiantado e eleva o balón por enriba de Nacho facendo o 1-0. Ainda seguiron creando perigro os carballeses con escapadas sobretodo do seu nº 20, Manuel Muiño, un auténtico pesadelo para Alberto de Seaia cando se iba pola banda dereita. A partir do min. 30 xa se equilibraron as forzas e aparecemos mais veces no ataque. O árbitro non quixo ver un claro penalti nunha xogada preciosa de Alberto de Barizo, que se adentrou na área, quebrou ao seu defensor e, cando se dispoñía a avanzar, era zancadilleado polo seu par. Seguimos atacando e xa dispuxemos de bos lanzamentos de Mutio, Fran e Richard. Ainda que nos seguían gustando os rivais, moi ordenados no seu prantexamento.

No descanso incidimos todos en que tiñamos que atacar polas bandas porque no medio o Deportivo Carballo amontonaba homes. E mais que amontonou na segunda mitade, dispoñendo duas líneas de xogadores diante da portería de Cambón. Esta segunda mitade xa foi de color azul. Arrinconamos ao rival no seu campo pero pretendíamos acabar rápido as xogadas, estragándoas por andar con moitas presas. Aparte que do xogo polas bandas que todos habían querido facer non había nin rastro. Cando xa nos empezábamos a desesperar Marcelino, no min. 63, recolle un balón solto na frontal da área grande e solta un tiro seco e raso que se cola a esquerda de Cambón. E uns minutos despois, Marcelino pudo remontar cando recibe un pase a espalda da defensa pero chegou moi forzado e non acertou a definir diante de Cambón. Tamén houbo outros momentos para a polémica porque un pase desde a banda esquerda do ataque era cortada ca man por un defensor. Creemos que o árbitro Juan estaba colocado ben para velo pero debiu de pensar que non había intención. Ainda o defensa tiña o brazo ben a distancia do corpo para considerar pitalo. E tamén eles pediron penalti cando Chucho toca a un atacante carballés casi na línea de fondo pero nós creemos que tocou tamén o balón pois o dianteiro recortaba cara adentro e o balón saliu, tocado por Chucho, cara afora.

Non quita que creamos que Juan se equivocou nos penaltis que non nos pitou para considerar que non arbitra mal. Houbo moitas xogadas ao límite da tarxeta e non quixo cebarse moito cos equipos. Sí é verdade que non aguanta as protestas e ahí sí mostra tarxeta rápidamente pero tamén os xogadores queremos sempre ter a razón. O que si protestou dos nosos foi Alberto de Barizo porque pensou que o trencilla lle faltaba ao respeto e, coñecendo a Alberto, sabemos que non é dos que protesta si non ten a razón.

Unha vez acabado o partido estivemos departindo con Marcos, Suso, Manuel, etc... Todos eles decían o mesmo que nós : xogo intenso pero non violento (ainda que eles acabaron con catro lesionados que esperemos se recuperen), incertidume no resultado, marcador xusto,... Partido dos que gustan xogar aos dous equipos. Que siga así a cousa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario