FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de setembro de 2014

MAL ARRANQUE NA LIGA : VETERANOS PORTEÑO 4 - VETERANOS MALPICA 1

Queremos ver cousas positivas. E hainas. Empezamos a liga nun campo difícil donde xa perdemos os dous últimos anos por dos goles de diferenza. Esta vez houbo ocasións para os dous equipos e unha labor arbitral que entendemos perxudicounos. O tempo para xogar foi bastante bo, nublado e sin pasar calores.













A primeira ocasión clara do partido foi nosa. Nacho escapou cara porta pero Roberto saiu ben e tapou o seu tiro. A resposta, igual de clara, deuna o nº 20, Luis, cuia rapidez foi hoxe un pesadelo para os nosos defensas. Antesala do primeiro gol donde o mesmo xogador conseguiu romper por velocidad pola banda esquerda e, antes de que Alfeirán pudese cortar, cruzou ao pao dereito da nosa portería. Nós empatamos no min. 28 nun pase monumental entre líneas de Rafa para que Nacho escapase carta porta e batira por baixo a Roberto. No min. 35 volveuse a adiantar o Porteño nun gol que parecía evitable : Héctor saca un córner desde a dereita, Mutio en lugar de meter a cabeza agachase e Carlos Dourado mete os puños pero o balón vola cara a nosa portería.

Hasta ahí todo normal. Entón empezan as xogadas polémicas. Nacho que volve a escapar cara porta é zancadilleado polo nº 4, Marcos, e o árbitro sinala falta de Nacho (non sabemos como se pode facer unha falta cando eres o último home indo cara a portería e o rival está detras) e non do defensa, o que acarrearia expulsión por ser o último home. No min. 41, Javi anula un gol a Luis por fora de xogo, inexistente a todas luces e hasta asumido polo Porteño como gol.  E posteriormente no min. 43, volta a escapar Nacho, sale Roberto da área e repele o tiro do noso dianteiro ca man. Ahí tamén consideramos que houbo fallo do trencilla: o balón rebotado da man cae nos pés de Nacho, que non tiña oposición para tirar a porta e seguramente era gol. Pero o árbitro pita man mais expulsión do guardameta. O noso coñecido Ruso pasa ao seu sitio habitual na portería. A penalización non acarrearia perigro para a meta camariñán.

Así as cousas, non víamos normal o marcador de 2-1 ao descanso. Pero esperábamos encauzar o partido na segunda mitade. No banquillo había tres cambios mais Lancha que non chegou a saltar ao campo.












Pero na segunda mitade o Porteño soubo finiquitar o partido. Con dez homes sobre o campo, os nosos rivais optaron por xogar con dianteiro único de mitade do campo cara adiante, ainda que ese dianteiro era sustituido cada dez minutos co cual sempre estaba fresco, mais a axuda de Luis, que rompía frecuentemente a línea de fora de xogo. O resto do equipo estaba atrincherado atrás e rompendo o noso xogo constantemente. Cando conseguíamos romper esa defensa non había problema, unha falta que acababa co noso xogador no chan e listo. Neso tiñan axuda de Javi, que incluso amonestou a Lancha por pedir roxa para o 22, J. Manuel, tarxeta que non concedeu e ainda deixou que tivera tempo para facer outra entrada a destempo a un xogador noso que tamén Javi perdonou cando era a segunda amarela e expulsión.

No mín. 53, Luis marca o 3-1 en brilante xogada en carreira que facía pasillo entre os malpicáns sin que ninguén acertara a meter a perna para frenalo e bater a Carlos Dourado. Pudemos meternos no partido en xogadas de ataque de Jose Arcay e Nacho pero o porteiro e o largueiro evitarono. Eles volveron a marcar pero Javi anulou a xogada por fora de xogo, cousa moi protestada por eles.

Todo esto obligounos a xogar en campo contrario. E no min. 80, Héctor recibe un pase adiantado que rompe o fora de xogo e bate de novo a Carlos. Ahí xa baixamos os brazos e a esperar o pitido final.

Non nos gustou Javi. Xa o díxemos antes. Pero é que inaugurou modas arbitrais que non se viron antes. Eso de mostrar tarxeta amarela a un xogador no banquillo por pedir roxa a un xogador rival non creo que se dé moito en outros árbitros. E o de pitar falta a un dianteiro que marcha cara portería a un defensa que o corta en zancadilla por detrás tampouco. O Porteño debería acabar con tres xogadores expulsados hoxe.

1 comentario:

  1. Esto empeza ainda e incluso perdendo merecemos algo mais.o equipo e veterano menos eu jiji.xogamos bastante ven o futbol os resultados xa se veran .o arbitro matounos un pouco sobre todo cando me dixo ke tropezara co defensa

    ResponderEliminar