FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de novembro de 2015

VETERANOS DE MALPICA 5 - VETERANOS DE BUÑO 2


Bastante bo día para a práctica do fútbol, con temperatura agradable. Presentámonos quince para xogar, habida conta de que estreabamos novo porteiro (Juan) e voltou a xogar no equipo Carlos de Barizo.











Partido disputado, como corresponde a un derbi, ainda que non trabado. Os veteranos de Buño aplicáronse pero non foron capaces de tentar facer dano mais que nalgúns saques de esquina que concedemos. Pero hoxe non lle demos opción.

Gañábamos xa ao descanso por 3-1. O primeiro gol foi no min. 10. Despois de ter xa algunhas ocasións que creou Arcay pero que non cuajaron, nunha xogada empezada desde a esquerda chegou o balón botando a Alberto de Barizo, que, sin deixalo caer, empalmou a rede. Pasamos a relaxarnos e costounos o gol do empate: no min. 15 saque de esquina desde a esquerda, non collimos marca algunha e Chouciño, entrando sólo desde atrás, cabeceou impecablemente a portería, imposible para Juan. Pasou a relaxación e conseguimos o 2-1 no min. 17, nunha falta sacada en longo por Alberto de Seaia que pelexou por alto Alfredo para marcar de testarazo certeiro. E no min. 25 fixo Arcay o 3-1 nun balón que controlou na dereita da área, driblou e disparou raso.






Na segunda mitade pudemos complicarnos o partido no min. 60, cando o balón chegou adentro da área grande, controlou un dos oleiros e José tocouno lixeiramente. Penalti tonto pitado por Iván e transformado por Pedro, o novo fichaxe do equipo rival, procedente do Xuventude de Bergantiños. Non demos moito tempo a esa posible reacción, xa que dous minutos mais tarde unha indecisión dos defensas oleiros permitiron a escapada de Arcay que marcou sin impedimentos. Os únicos atrancos os sufriron os de Buño xa que o porteiro lesionase e Chouciño tivo que pasar a portería. E fíxoo moi ben, xa que evitou un par de goles que se cantaban. O marcador definitivo o estableceu no min. 71  Leo, nunha xogada donde sortea defensas rivales para disparar sin miramentos a portería.

Iván non o fixo mal ainda que o moverse polo campo non é o seu. O penalti é a clásica xogada donde o equipo que sale beneficiado dí que foi penalti e o equipo perxudicado xura que non o é. Non é obstáculo para definir unha arbitraxe como decente. Tamén axudou que non houbo ánimo de dar patadas en ningún dos dous equipos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario