FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de outubro de 2016

VETERANOS: FISTERRA 1 - MALPICA 1


Domingo con lurda de auga impresionante que nos acompañou a Fisterra, ata o instante preciso en que os dous equipos saltaban ó campo (e que fixo que tivesen que reconsideralo e empezar cinco minutos mais tarde).

Eso fixo tamén que o campo estivese totalmente encharcado e que cada balón que se mandaba en largo tanto podía sair disparado ao botar como quedar frenado e xerar ocasións de perigro ao non contar os defensas con esa circunstancia (sobretodo os nosos, que non coñecían o terreo) . Conforme foi avanzando o partido ata luciu o sol e o campo secou perfectamente.

Veteranos de Malpica : Juan; Pedro, José Regueira, Leo, Luis; Arcay, Víctor, Alberto de Barizo, Joshua; Bugallo e Nacho. Tamén xogaron Alberto de Seaia, Chucho, Mutio e Wash (tamén entrenador aleatorio polas ausencias de Dourado e Fernando).


















Na primeira mitade o Fisterra xogou a favor de vento. Buscaban os disparos desde o mediocampo e as xogadas en segunda líña. Marcaron cedo, no min. 6 tiro lonxano que Juan para en primeira instancia, o balón saeu rebotado sin que o noso porteiro poidese determinar onde, e Rodrigo Lobelos entrou lanzado para metelo dentro. Nós empatamos dous minutos despois cando, en pelexa dentro da área grande, o balón queda a pés de Arcay, quen non dubidou e tirou forte e raso sin que o porteiro fisterrán poidese atallar.

A partires de ahí moito xogo no medio do campo, loitando co estado do mesmo mais a acumulación de homes, pois eles teñen xente de presión (Rodri, Dantés, Mbengue,...) e nós casi que non podíamos profundizar porque Nacho estaba vixiadísimo por tres homes, quedando o noso ataque supeditado ó xogo de Mutio e Alberto de Barizo con aperturas cara a carreira de Arcay pola banda. 




 Durante a maior parte da segunda mitade a nosa defensa era moi veterana, seguramente a mais veterana da liga, con Chucho, José, Leo e Pedro, 208 anos en total, que controlou mais que perfectamente as acometidas do Fisterra. Eso veu dado porque ós dezaoito minutos lesionouse Alberto de Barizo (outra baixa significativa mais para afrontar os siguintes partidos) e tivo que ocupar o seu luar seu primo Alberto de Seaia.

Soamente houbo unha xogada polémica durante todo o partido. En un balón que pretendiu sacar José Regueira, ó borde da área grande, estorbarono e un dianteiro rival meteu o pé en plancha para evitar o despexe. José deulle ó balón mais ó pé do dianteiro. Rives pita falta de José pero sacaa fora da área. Nós decíamos que era falta clara a José. Os fisterráns recoñecían que sí o era pero, que si o árbitro pitara falta a favor deles, a xogada fora dentro dos límites da área e tería que pitar penalti. Finalmente sacaron a falta petando o balón na barrera. Fora deso, un par de tiros lonxanos dos verdes, un detido espléndidamente por Juan (xa sacara outro que quería entrar pola escuadra na primeira parte) e outro que saiu preto do pao esquerdo. 

Final con empate que nos soubo ben porque o partido frente a este equipo novel foi difícil, creemos que eles acabarán arriba da clasificación porque teñen unha plantilla xove e que sabe xogar ben ó fútbol. Pola nosa banda, este empate fai que sexamos líderes en solitario, xa que o Cabana, co que estábamos anteriormente empatados a puntos, descansou esta xornada.

Arbitrou Rives e o fixo moi ben. Non soportou que ninguén rechistara (a única tarxeta para o noso equipo foi a Alberto de Barizo porque reclamou con insistencia que lle deran unha patada forte) e impuxo que os xogadores se dedicasen únicamente a xogar. A única xogada polémica na que pudo incidir foi a que contamos pero resolveuse xustamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario