FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de outubro de 2016

VETERANOS : MALPICA 1 - CERQUEDA 2



(Crónica dos Veteranos de Cerqueda):

Fumos a casa dos veciños con 18 efectivos, no caso contrario estaban os rivais que sólo contaban con 13, e por encima e con mala sorte quedaron con 11 debido a varias molestias dos seus xogadores.

Partido dominado casi por completo por nós, sólo tivemos un pouco de apuro a raíz do segundo gol noso. Eles, a pesar de estar cortos de efectivos, fixeron un partido moi serio e nunca se viñeron abaixo. Realmente o perigro que crearon regalamosllo nós e por suposto o gol tamén, en unha indecisión entre o central e o porteiro que aproveitou moi ben Nacho para poñer ó Malpica arriba no marcador. Tivemos moitas ocasións de gol pero unhas veces o porteiro e outras a nosa mala puntería propiciaron que chegáramos abaixo no marcador no tempo de descanso.

Sabíamos que podíamos gañar o partido. E moito mais despois de que o rival se quedase con 10 pola lesión muscular de outro compañeiro. Apretamos todo o que puidemos e gracias a poder facer cambios o equipo estivo sempre con un ritmo moi alto. Desperdiciamos moitas ocasións de gol entre Fran e un servidor, tiramos pola borda 7 ocasións clarísimas. Hai un dito: "o que a sigue, a consigue" e así foi, en 5 minutos démoslle a volta o encontro, primeiro con un gol de falta de Toño, que axudado polo toque en un defensa, fixo imposible que Juan a parase a pesar da sua estirada. A continuación chegou o gol da remontada (e o final o da victoria), en un balón recuperado no mediocampo que abriu cara Toni, o cal puxo un balón perfecto para David (eu), que esta vez sí que non perdonou, fusilando a pracer o porteiro local. O Malpica sacou ánimos e orgullo e intentou empatar o partido, a pesar dos numerosos contratempos que tiveron o largo da mañán, certo é que non crearon perigo real de cara a nosa portería, pero sí bastantes nervios con 3 ou 4 saques a balón parado.

Partido de guante blanco por parte dos dous equipos, salvando loxícamente as típicas faltas de un encontro de fútbol. 3ª victoria consecutiva do equipo, coa que nos situamos quintos na clasificación. Desexarlle moita sorte ó Malpica e oxalá os xogadores que sairon con diversas molestías do encontro se recuperen o antes posible. Un saudo a tod@s.

Nota nosa: arbitrou Iván. Nada, un partido sin complicacións (como ten que ser sempre, a pesares de ser un derbi) que arbitrou debidamente.

Nota propia: moi orgulloso dos compañeiros que estiveron xogando i/ou apoiando desde a banda. Ó equipo neste partido foi todo pundonor e non hai ningún pero que poñerlle. Necesitamos mais xente porque temos a enfermería chea, en Pedra Queimada presentáronse todos os que estaban en facultades para xogar. Nese sentido envidiamos ó Cerqueda, que prácticamente completou o cupo de fichas para esta tempada. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario