FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 27 de novembro de 2016

VETERANOS: MALPICA 4 - VIMIANZO 4

Veteranos de Malpica : Juan; Chucho, Alberto de Carballo, Leo, Luis; Arcay, Alberto de Barizo, Mutio, Wash; Joshua e Nacho. Tamén xogou Bugallo.

 Bo tempo para xogar ó fútbol en Pedra Queimada. Enfrente un rival totalmente cambiado con respecto a tempada pasada. Un equipo no que destacaron os nºs. 2 (Fco. Javier Del Río), 11 (Salvador) e 21 (Rubén) que, ca sua velocidade, trouxeron en jaque a nosa defensa. Foi un partido de poder a poder no que o resultado xa o dí todo. Nós sempre fomos a remolque do marcador e casi pudemos gañar o partido no último momento. Pero non sería xusto porque o rival hoxe xogou moito mellor en moitas fases do partido.

















Na primeira mitade o marcador acabou 2-2.  Marcou Fco. Javier no min. 20 nunha galopada que fixo pola banda dereita, entrando hasta a cociña. Empatamos nós nunha falta lanzada por Mutio na que Nacho adiántouse ó porteiro e cabeceou a rede. Voltaron a marcar eles no min. 30 por medio de Salvador. E empatamos nós sobre do descanso por medio de un penalti (moi protestado polos soneiráns, seguramente si lles pasase a eles esa xogada pedirían seguramente falta máxima) que lle fixeron a Nacho, cando escapa Nacho cara portería, o porteiro saeu e tírouse a tapar, non pudendo o noso dianteiro, que estaba estreitamente marcado polo defensa deles, zafar de chocar contra o guardamallas para seguir a xogada. Nacho lanzóuno e marcou contra o poste esquerdo da portería. Non era xusto o marcador porque a primeira mitade foi deles sin discusión.













Na segunda mitade xa houbo mais equilibrio no mediocampo. Tapamos abondo ó seu número 20, Diego, e xa non lle mandaban tantos balóns a sua dianteira. Voltaron a adiantarse no marcador no min. 49, nunha falta impecablemente lanzada por Rubén a escadra dereita da portería, imparable para Juan. Nós empatamos no min. 69, cando Mutio levouse un balón no vértice esquerdo da área grande e mandou un balón cara a dereita a Nacho, que completou o seu hat-trick e puxo as táboas no marcador. 

A partires de ahí duas accións ilegales puxeron o marcador final. No min. 86 Rubén recolleu un balón que xa saira pola banda pero que Javi non pitou como fora, marchou só cara porta e cédeulle o balón a Fco. Javier que marcou. Abundantes protestas e os rivais, que dában a razón pero decían que era o árbitro o que pitara así. Non o comprenderon así un minuto despois cando Mutio pelexou un balón dentro da área soneirán, combinou con Arcay (que viña de un claro fora de xogo), devólvelle o balón  e Mutio de impecable tiro voltou a poñer táboas.

Xa non debía de quedar nada para acabar o partido. Pero non foi así. Pudemos marcar o gol da victoria. Pero Javi non o decidiu así. Un balón que mandaron cara a posición de Nacho quixeron cortalo varios defensas do Vimianzo. Un deles deulle de refilón e o balón foi a posición de Nacho, que marcharía só cara porta. Javi decretou fora de xogo porque, según él, o defensa deulle de forma involuntaria (?????) ó balón e validaría a posición ilegal.

Sobra decir que a arbitraxe de Javi non gustou a ningures. Os dous equipos protestaron a labor do colexiado. E sí tivo incidencia no marcador. Calquera dos dous equipos ten razóns dabondo para queixarse. Houbo goles que non debían haber subido ó marcador. Os soneiráns protestaron un claro penalti na segunda parte que fixo Bugallo, o penalti que nos concedeu mais o gol de Mutio. Nós protestamos o cuarto gol deles e, sobretodo, a última xogada do partido que nos podía haber dado a victoria. Mal, moi mal.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario