FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de febreiro de 2017

VETERANOS: NANTÓN 1 - MALPICA 0

Mal tempo para xogar. Aparte do frío, facía un vento que foi o gran protagonista do partido. Un aire que dificultaba calquer intento de combinar o balón.

Os rivais empezaron con dez xogadores, ós dous minutos eran once. E cinco minutos despois xa eran trece efectivos. Nós afrontamos o partido con doce efectivos, escasos para o esforzo que supuxo aguantar no campo. E quedamos once no min. 30 da segunda parte pola marcha de Bugallo da portería, pasando a estar José Regueira na mesma. Tivemos ausencias significativas con respecto ó último partido xogado antes do aprazamento (Alberto de Barizo, Arcay,  Bernardo, Javi,...).

Veteranos de Malpica: Bugallo; Pedro, Chucho, Alberto de Carballo, José Regueira; Joshua, Mutio, Leo, Luis; Victor e Nacho. Tamén estivo Wash. 















Pouco que decir do xogo. Moi repartido e moito centrocampismo. Moi poucas ocasións de gol por parte dos dous conxuntos. Foi un partido que merecía un resultado de empate. Na primeira mitade multiplicamonos para frear o centro do campo rival. E, cando todo parecía indicar que ibamos ir ó descanso sin goles, apareceu o noso ex-compañeiro Amarelle para, desde a esquina de corner, marcar un gol olímpico que era unha solución idónea, xa que estaban xogando a favor de vento. Nós ainda tentamos combinar algún balón con Nacho, pero a vixiancia dos centrais do Nantón non lle deixaron facer dano.

Na segunda parte ainda foi peor para nós. Eles adicáronse a templar e desfacer, e nós a xogar moi lonxe da sua área. Lanzábamos balóns en largo cara Nacho. Pero a forza do vento enviaba os balóns moi lonxe (cando non facían unha reviravolta no alto e voltaban), fáciles de controlar para os centrais. O único intento de tirar a gol por parte dos cabaneses voltou a facelo Amarelle, contra o final do partido, aproveitando que xa estaba José Regueira na portería, pero éste lanzouse ben e desviou a córner.

Arbitrou Cotelo. Sin problema de ningún tipo. Nin siquiera sacou cartón algún a pesares de que houbo algunha entrada por bando merecedora de que o mostrara. Si seguimos comparando ca infausta arbitraxe que ainda temos en mente, poñeríamoslle un sobresainte. Pero sí que estivo notable, comunicativo cos xogadores e bastante acertado nas suas apreciacións. E si se equivocou, decíao ó momento, co cual os equipos quedamos bastante contentos da sua labor. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario