FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 26 de marzo de 2017

VETERANOS : VIMIANZO 1 - MALPICA 6

Mañán con tempo revolto para xogar ó fútbol. Durante varios minutos caeu unha chuvia espesa pero despois aclarou e estabilizouse o clima.

 Veteranos de Malpica : Bugallo; Luis, Chucho, Mutio, Cani; Javi, Alberto de Barizo, Joshua, Wash; Arcay e Nacho. Tamén xogaron Alberto de Carballo, Bernardo e Carlos.













Pouco que contar de este partido. Os locais teñen unha pequena crisis e non xuntan apenas efectivos para xogar ó fútbol. Empezaron xogando oito e, increiblemente, o único balón que lle chegou ó seu home en punta, Pose, acabou en golazo cando desde a banda lateral probou a tirar a gol e entrou. Despois pasaron a ter un xogador mais. E a nós entraronos dous goles de Bernardo e Nacho, despois de fallar bastantes achegamentos a portería do Vimianzo.

No descanso os soneiráns pasaron a ser dez pola incorporación de Ramiro. Na nosa portería, Carlos relevou a Bugallo, que xogou uns minutos mais de mediapunta. Foi cando empezamos a xogar algo mais en serio, sin rifar o balón, e xa desde o min. 46 non demos opcións ós rivais. Marcamos catro goles mais, dous de Nacho, un de Arcay e outro de Bugallo. E o partido discurriu por cauces de tranquilidad, xa que o Vimianzo non quixo arriscar mais do necesario para non ter complicacións en forma de lesións. 


Arbitrou Canario. Non quixo castigar con tarxetas a ningún dos dous equipos. Pero sí houbo algunhas entradas por ambas partes que a merecían. Nos foras de xogo trabucouse abondo porque pitou foras de xogo dudosos ou inexistentes e non os pitou cando parecían algo mais claros. Quixo pasar desapercibido (as circunstancias do partido así o permitían), mostrándose él sempre dialogante cos xogadores. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario