FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 30 de abril de 2017

VETERANOS : MALPICA 2 - DP. CARBALLO 1

Unha lurda de auga polo camiño combinada con pequenos claros auguraba o que despois pasou durante o partido. Incluso houbo momentos de sol. Pero na segunda parte pillounos un augacero e un granizo gordo e abundante que obrigou a parar o partido durante uns minutos.


Veteranos de Malpica: Bugallo; Chucho, Cani, Leo, José; Luis, Mutio, Joshua, Victor; Javi e Arcay. Tamén xogaron Bernardo, Carlos, Pedro e Wash.  

Os contrarios empezaron con trece efectivos ós que se sumou un pouco despois a presencia do atlético Ibra Sek. No seu equipo xente tan veterana coma nós, destacando entre todos o xogador que mais nos puxo en apuros xunto co anterior, Torres.





Na primeira mitade o xogo, coma en casi todo o encontro, foi moi repartido. A nós faltábanos o noso goleador Nacho, polo que fiábamos o noso ataque as maniobras de un batallador Arcay ben secundado por Javi. A única ocasión que tivemos clara foi a do penalti que pitou Rives no min. 10 (moi protestado polos nosos rivais), cando o defensor tirouse cos dos pés por diante no momento que Victor se dispoñía a xogar o balón, unha entrada moi parecida a de Sergio Ramos no derbi de non fai tanto. Mutio tirou e enganou a Charli.








Na segunda mitade mais do mesmo. Pero a presencia de Sek e Torres era moi amenazadora, con balóns que conseguía ben Rey pola dereita. No medio da nosa zaga Leo e, sobretodo, un inconmesurable Cani abortaban todo o perigro que lles chegaba as inmediacións da área, ben secundados por todo o equipo que hoxe traballou a tope. Ainda así, Torres tivo unha ocasión moi boa cando recolliu un balón casi no vértice esquerdo da área pequena e lanzou un tiro impresionante que repeliu o longueiro da portería. 

Chegou a segunda acción polémica do partido, cando Mutio, tal e como fixera na primeira parte, pasouse de revolucións e pegoulle unha patada sin balón a Torres. Rives sabía que tiña unha amarela e non quixo mostrarlle a segunda que conlevaría expulsión. Os xogadores do Dp. Carballo empezaron a falar de roubo arbitral, co cual houbo que recordarlles que eso non foi nada en comparación co que tivemos nós en Carballo o desgraciado día en que nos fastidiu Goyeneche con seis bermellas (con Torres en plan estelar, provocando e conseguindo tarxetas a reo). 

Pero Ibra recollía balón que lle lanzaban en largo, impoñendo o seu físico,  e o perigro seguía na nosa portería. No min. 66 Torres recibiu un balón no borde da área grande, fixo un recorte e lanzou un trallazo que se colou na nosa portería, facendo o xusto empate. Mais non lle durou moito a alegría porque dous minutos despois Arcay,  nunha monumental xogada, chegou a línea de fondo pola parte dereita e, cando todos incluido Charli esperaban o pase da morte cara o punto de penalti, viu que o porteiro estaba adiantado e lanzou un zambombazo que entrou pegado a línea de meta dando no poste esquerdo e significando o 2-1 final. 

De ahí ó final moitos nervios e o equipo rival que non se entregaba en ningún momento. Incluso chegou a haber unha pequena tangana porque o xogador Ibra tomou a mal un comentario que fixo Pedro. Pero, ca mediación de todos, solucionouse ó minuto. 

Rives tivo incidencia no resultado. Mais que polo penalti, que para uns era e para outros non, por non haber expulsado a Mutio cando todos esperábamos a segunda amarela. Tamén nós nos queixamos da actitude permisiva que tivo con Torres e con Ibra Sek. No resto tivo un tono aceptable. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario